Os nenos e nenas de 1º fixemos case o mesmo percorrido que os de 2º nun horario diferente.
Ás 10 da mañá fomos
ao museo, ao Sexto edificio, como somos tantos separáronnos en dous
grupos, 1ºA fomos con Luís e 1º B con Paula.
A visita polas diferentes salas resultou moi interesante, vimos pintura,
escultura, mobles, xoias… Encantounos a historia do tesouro de Caldas de Reis (achado moi importante que se conserva no museo), a “lectura” do
escudo que había no sepulcro de Suero Gómez de Sotomayor, os mobles tan
decorados, os cadros de paisaxes, os retratos, as miniaturas e tamén cando
todos nos convertemos nunha escultura de museo.
Para rematar a visita agasalláronnos cun libro: “Os
BOLECHAS coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra”. Estivo xenial!
Ao redor das
11h. fóra xa do museo, merendamos para comezar con forza o percorrido
polas rúas e prazas máis antigas de Pontevedra acompañados do guía Roberto que
sabe contar as cousas da cidade dun xeito especial.
Preto da unha do serán, montamos no autobús e fomos
para o Parque dos Sentidos en Marín. Mentres esperamos polos compañeiros de
segundo, xogamos, mollámonos e descansamos. Logo todos xuntos comemos sentados
no escenario do auditorio. Sen sequera rematar, recollemos axiña e fomos
desgastar enerxía tirándonos polo gran tobogán que hai no parque. Todos o
estabamos desexando!
A parte máis sosegada da xornada chegou coa sesión de
cine en Seixo coa película “Richard, la cigüeña” e a visita a sala de máquinas
de proxección.
Foi un día de escola para lembrar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario