Hoxe,
31 de outubro celebramos no colexio o Samaín. As familias colaboraron
decorando unhas cabazas coa temática dos Dereitos Humanos e, aínda que
parecía complicado, tiveron unhas ideas estupendas polo que quedou unha
exposición chulísima.
Nas clases preparamos uns traballos para formar parte do mural colectivo do Samaín que está á entrada do colexio co lema: "Temos dereito ao Samaín". O alumnado de 1º decoramos letras e unha cabaza coa palabra SORRIR e o de segundo coas palabra FALAR. Mirade este ENLACE.
Ademais decoramos as aulas e corredores con debuxos monstrosos, incluso fixemos uns morcegos coas nosas mans!
Quedou moi chulo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario