Hoxe fomos ao instituto Johan Carballeira para ver a obra de teatro O SEGREDO DE UXÍA da man da compañía XORÉ. O Concello de Bueu invitounos a esta representación co gallo do DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO.
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
martes, 25 de noviembre de 2014
viernes, 21 de noviembre de 2014
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
Esta semana na sesión de Biblioteca, as profes explicáronnos que estamos no MES DA CIENCIA E GALEGO, polo que hai un recuncho no Bibliocastelo con contos relacionados co tema. Nun deles "PREGUNTAS QUE POÑEN OS PELOS DE PUNTA 1" da editorial CUMIO, atopamos un sinxelo experimento que quixemos facer.
As profes dixéronnos que os científicos fanse preguntas, e para poder resolvelas, investigan. Nós quixemos convertirnos en científicos e preguntámonos: QUE COUSAS NON PODE MOLLAR A AUGA? Como non sabiamos a resposta, despois de pensalo moito fixemos un experimento que consistiu en comparar unha vela sumerxida en auga con outra sumerxida en aceite. Ao sacalas todos observamos como a vela rexeita a auga e pola contra atrae ao aceite.
Foi moi divertido!
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
BIBLIOCASTELO,
CIENCIA
lunes, 10 de noviembre de 2014
MAGOSTO
Hoxe, véspera de San Martiño, celebramos o MAGOSTO na escola. En principio tiñamos programadas uns xogos tradicionais con castañas, mais a chuvia impediunos xogar. O que non nos impediu foi tomar as castañas, que estaban riquísimas, na entrada do cole onde quedou un arrecendo... Mmmmm!
Despois de comelas cantamos xuntos a cantiga ARAO, ARAO.
Premede no vídeo para ver as imaxes do Magosto e cantade con nós!
martes, 4 de noviembre de 2014
PRIMEIRA SAÍDA
Hoxe fomos ao Teatro Principal de Pontevedra para ver O GATO CON BOTAS. O espectáculo consistiu nunha actuación conxunta entre a Orquestra Filharmónica de Pontevedra, Marc Taëger e Olalla González.
A Orquestra dirixida polo compositor portugués Vasco Negreiros puxo a música, Marc Taëger ilustrou o conto cuns debuxos de sombras magníficos e Olalla González foi a contacontos.
Ao xuntar todo quedou un resultado fantástico que nos deixou sen fala durante toda a actuación.
Pagou a pena mollarse un pouquiño polo camiño!
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
CONTACONTOS,
MÚSICA,
SAÍDAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)