BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 11 de mayo de 2011

TEATRO

Por mor da conmemoración das Letras Galegas, hoxe fomos todo o cole de primaria a ver un teatro a cargo de TARABELOS. A obra que interpretou foi: O TRAXE NOVO DO REI, unha versión moderna do conto de Andersen que xa coñeciamos. Esteban, o actor estivo fantástico e quedamos abraiados coa cantidade de cousas que sabía facer el só. Como nos gustou tanto, o próximo día 23 iremos de novo a ver outra obra: O PAXARO MÁXICO. Esperámosvos!


domingo, 8 de mayo de 2011

II CORRELINGUA DO MORRAZO

O mércores 4 de maio celebramos en Bueu a 2ª edición do CORRELINGUA NO MORRAZO. Participaron colexios de Marín, Moaña, Cangas e Bueu, así que xuntámonos máis de 1000 nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria. Reunímonos na praza do Concello de Bueu e despois saímos a facer unha marcha polas rúas de Bueu baixo o lema "EN GALEGO SEMPRE SOMOS". Á volta nos agardaba unha degustación de leite Ulla que estaba riquísima e un concerto do TIC-TAC. Todos levabamos unha camiseta diseñada por nós coa palabra que máis nos gusta da nosa lingua. Mirade que bonitas quedaron!

lunes, 2 de mayo de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Este ano quixemos celebrar o DÍA DO LIBRO cunha iniciativa do Equipo da biblioteca: uns APADRIÑAMENTOS LECTORES que consistiron en que cada neno tiña que contar un conto a outro neno máis pequeno do cole. O venres 29 empezamos os de 1º e fomos contar CONTÍN CONTÓN aos nenos de 3 anos. Gustoulles moito o noso conto e pasámolo moi ben retornando ao noso anterior colexio de Infantil. O mellor foi o remate final con HUGO RODRÍGUEZ de 1ºB contando o conto a todos os nenos xuntos. Canto rimos!






Agardamos con moita ilusión o día que os maiores veñan contarnos o conto a nós, e estade atentos xa que pronto irán os de 2º a contarlles un conto aos nenos de 4 anos. MIRADE QUE FOTOS!









viernes, 22 de abril de 2011

CONTACONTOS

Pero aí non acabou todo, ese mesmo día os nenos e nenas de 1º tivemos outra sorpresa: a visita de MARIO TOMÁS, un contacontos que viña de parte de CONSORCIO GALEGO EDITORIAL xa que nós limos o libro CONTÍN CONTÓN que é de esa editorial.
Mario contounos 3 contos tradicionais: dous orais e un con monicreques. Fixo que pasaramos un bo rato. Grazas Mario e deica logo!

EASTER EGGS

O venres 15 de abril foi o último día de clase antes das vacacións de Semana Santa e celebramos coas profes de inglés a festa anglosajona "EASTER EGG". Foi unha sorpresa para todos cando chegaron os EASTER BUNNIES e nos contaron que ían agochar os ovos para que despois nós os atopáramos. Despois saímos ao patio, cantamos a canción HAPPY EASTER e buscamos os ovos de chocolate que despois comemos. Finalmente xogamos coas sorpresas que ían dentro. Que ben o pasamos! HAPPY EASTER TO YOU!



martes, 5 de abril de 2011

MULLERES

Como cada mes, dentro do proxecto MEDRANDO EN VALORES, marzo adicámolo ás MULLERES, polo que quixemos facer unha homenaxe ás que ao longo da historia destacaron polo seu traballo. Eleximos as seguintes:


1ºA: CONCEPCIÓN ARENAL: escritora e defensora das mulleres.


1ºB: MARÍA A XUDEA: a 1ª alquimista.


2ºA: DIAN FOSSEY: zoóloga.


2ºB: HIPATIA DE ALEXANDRÍA: astrónoma e matemática.


Cada clase investigou e o resultado foron estes posters que incluímos nun mural xigante que podedes ver na entrada do cole. Visitádeo!

VISITA DE ANA ALONSO

Hoxe veu a visitarnos ao bibliocastelo unha invitada moi especial, a autora dos libros que lemos en lingua castelá: ANA ALONSO. Nós recibímola con todos os honores: fixemos uns murais preciosos para decorar o corredor do bibliocastelo e uns libros relacionados cos que ela escribiu: BLANCANIEVES EN LA CIUDAD (1º) e LOS DUENDES DEL OTOÑO (2º).


Blancanieves en la ciudad











LOS DUENDES DEL OTO�O







Ana contounos cousas moi interesantes da súa vida, da súa paixón pola lectura, do seu amor pola natureza... e presentounos a uns amigos que a acompañan sempre: OS BIBLIONAUTAS. Despois nós fixémoslle preguntas e pediunos un favor: quería un recordo noso, así que fixemos un debuxo precioso para ela que vai colgar na súa páxina web e tamén nesta outra.


Ao final, asinou todos os nosos libros e tamén os que nós fixemos. Moitas grazas Ana pola túa visita, aprendemos moitas cousas!






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...