BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 30 de enero de 2013

30 de XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ

Hoxe celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ no patio do colexio. Viñeron os peques de Infantil e xunto cos demais compañeiros de Primaria escoitamos un manifesto que leron algúns representantes de cada clase. O lema deste ano foi: COMO PODEMOS PROTEXER A PAZ? E a resposta a esta pregunta atopámola nun mural que hai na entrada do cole. Animádevos a velo!!! Despois do manifesto cantamos as dúas cancións que tanto ensaiamos. Sabíamolas moi ben e cantámolas moi forte. Ao final do acto, dúas nenas de 2º soltaron unha pomba da Paz.
Mirade o vídeo do acto:

Aquí podedes ver as fotos:









jueves, 17 de enero de 2013

CANCIÓNS DA PAZ

Para que vaiades ensaiando as cancións do Día da Paz, podedes consultar estes enlaces:
Galego: O mundo é grande. Mamá Cabra.


Inglés: One day. Matisyahu.

Esperámosvos o día 30 cantando con todas as vosas forzas!!!

miércoles, 9 de enero de 2013

OBRADOIROS DE NADAL

O venres foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal e foi un día especial, xa que celebramos os OBRADOIROS DE NADAL. Ao longo da mañá participamos en catro obradoiros sobre Rodolfo o reno:
- bilingüe, organizado por Nuria onde cantamos e bailamos en inglés a canción de Rudolph.
- narrativo, onde a profe Geli axudounos a representar teatralmente a historia de Rodolfo e despois escribemos unha postal.
- plástico, coa profe Natalia e a axuda das mamás de Isay e Salva. Fixemos un sobre en forma de Rofolfo para meter a felicitación navideña e levalo para casa.
- creativo, coa axuda das mamás de Alexandre, Ansur, Carla e Mateo, fixemos unha paisaxe invernal de plastilina. MOITAS GRAZAS A TODAS!

Despois de descansar un ratiño, fomos ver ós Reis Magos, cantamos panxoliñas e agasalláronnos con chuches. Máis tarde subimos ás clases a compartir unha merenda de Nadal. Finalmente, as profes repartíronnos os traballos e as notas e marchamos para casa.







BO NADAL A TODOS! ATA O PRÓXIMO ANO!!!

viernes, 21 de diciembre de 2012

POSTAIS NAVIDEÑAS

Todas as familias do centro participaron  cunhas estupendas postais para conmemorar o Nadal no centro. Con todas elas fixemos unha exposición na entrada do colexio. As de 1º de primaria quedaron así. Grazas a todas as familias!!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

SORPRESAS DE NADAL

Esta semana os nenos de 1º recibimos unha gran sorpresa: unhas postais de Nadal das que foron as nosas profes en Infantil (Tania e Xisela). Fixéronnas xunto cos seus novos alumnos e enviáronas. Fíxonos moita ilusión saber que aínda se lembraban de nós.






Despois de lelas, pensamos que nós debiamos responder con outras postais. E como as profes nos contaron o conto do Apalpador na Biblioteca, fixemos uns debuxos e con eles preparamos unhas postais xigantes.





A última e mellor das sorpresas é que hoxe chegou Fina a recoller as tarxetas xigantes e veu visitarnos. Encantounos volver a vela, xa que sempre se portou xenial con nós. Ata sempre Fina... e FELIZ E APALPADOR BO NADAL!

jueves, 13 de diciembre de 2012

RECITANDOCELSOEMILIO

12 do 12 do 2012 ás 12h., participamos na actividade colectiva: RECITANDOCELSOEMILIO.
Premede no enlace para ver o que fixemos.

Tamén podedes ver este outro enlace:
Trasnos da Pedra. 
Comprobade neste vídeo o recitado dos versos do poema  DEITADO FRONTE AO MAR de Celso Emilio  Ferreiro. Que ben nos saíu!!!

sábado, 1 de diciembre de 2012

VISITA AO MUSEO MASSÓ

Esta semana fomos visitar o Museo Massó. O mércores foron os compañeiros de 2º e o xoves os de 1º. Ao chegar separámonos por clases e mentres uns facían un xogo de pistas chamado "Na busca do tesouro", os outros ían visitar as embarcacións tradicionais ao peirao e facían un breve percorrido pola planta baixa do museo. O obradoiro foi o que máis nos gustou e alí aprendemos quen foron os primeiros que deron a volta ao mundo, como se chamaban as súas embarcacións e ata cheiramos algunhas especias. Moitas grazas a Elena, Pirafeta, Magalhaes e Elcano!












LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...