BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 25 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO

Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, e por iso durante esta semana estamos lendo contos relacionados con ese tema como OS BONOBOS CON LENTES ou A FAMILIA PORCÓN... Ademais, traballamos uns xogos para darnos conta da importancia que ten a igualdade no mundo actual e entre todos, reflexionamos por ter un mundo máis xusto onde ninguén se crea superior a outro. Entre todos conseguirémolo!
http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash/1/index.HTML

domingo, 17 de noviembre de 2013

SEXAMOS SOLIDARIOS!

O próximo 25 de novembro conmemórase o DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO, e que mellor xeito de celebralo que educar na igualdade e na solidariedade.
Se premedes nos seguintes enlaces atoparedes unhas sinxelas actividades e xogos pensados para vós. Esperamos que vos gusten.

http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash/1/index.HTML
http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/flash.asp

lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

O pasado martes, 5 de novembro, celebramos o MAGOSTO. O tempo non nos acompañou xa que choveu moito e non puidemos realizar os xogos tradicionais con castañas.  O que si fixemos foi comer as castañas asadas, que nos souberon...









boísimas!!!

jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAÍN

E chegou o Samaín! Estes días traballamos nas aulas escribindo un pesadelo terrorífico. Despois eliximos o que máis medo nos deu e escribímolo e decorámolo nun globo de cómic que saía do CASTELO DOS PESADELOS. Ademais participamos na xa tradicional EXPOSICIÓN DE CABAZAS inspirándonos nos cómics. Había verdadeiras obras de arte!!!







domingo, 27 de octubre de 2013

ANIVERSARIO DE PAPIRUS!

O 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES polo que celebramos o aniversario da mascota da Biblioteca: PAPIRUS. Este ano fixémolo dun xeito especial: Papirus enviounos unha carta moooi longa onde nos contaba todas as cousas que fixera no verán cos seus amigos e despois puidemos ver o resultado.


Vimos un vídeo no que se conta a historia de Papirus ilustrada e contada polo alumnado de 6º,

botamos unha ollada ao cómic que lle escribiu Trassiwolf,
admiramos o mural que lle pintou o seu amigo David,
e cantamos a canción que Víctor Castro compuxo para el e que poderedes escoitar próximamente.
Para rematar, as dúas aulas entregámoslle unha felicitación de aniversario escrita e decorada por nós nas clases e cantámoslle: PARABÉNS PARA TI...
GRAZAS POR INVITARNOS AO TEU ANIVERSARIO PAPIRUS, PASÁMOLO XENIAL!!!





miércoles, 2 de octubre de 2013

CHARLA DE BALONMÁN

Hoxe recibimos a visita do Club Atlético Balonmán de Bueu. Déronnos unha charla informativa sobre ese deporte e amosáronnos vídeos ilustrativos. Ao final animáronnos a practicar deporte, sexa cal sexa. Grazas pola vosa visita!

miércoles, 25 de septiembre de 2013

BENVIDA AO NOVO CURSO

Ola! Xa estamos aquí de novo, dispostos a comezar un novo curso escolar. Empezamos con moitas ganas e ilusión, sabendo que ao final deste curso algúns cambiaremos de ciclo e empezaremos unha nova etapa nas nosas vidas. Para comezar con bo pé, aprenderemos unha canción sobre o CORPO HUMANO, así aprenderedes as súas partes, os ósos... Esperamos que vos guste e estade atentos ao BLOG, porque este curso haberá novidades mooooi interesantes!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...