BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 7 de marzo de 2014

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

Hoxe recibimos a visita de dous afamados ilustradores de Bueu: Marc Taeger e Luis Davila. Viñeron invitados pola ANPA a ensinarnos como crear un personaxe de cómic para participar nun concurso que creou a ANPA. Podedes ver as bases do concurso premendo neste enlace:
A primeira parte do obradoiro consistiu nunha charla na que nos explicaron a evolución do cómic e unha presentación cos personaxes de cómic máis característicos. Podedes ver aquí a presentación:


Despois cada un deles debuxou un personaxe inventado que podería ser protagonista dun cómic. Mirade neste video como crearon a SUPERPEPUCHA, unha heroina local que pode facer 148 cousas nunha mañá e a PEPE 125, un heroe que pode facer 125 cousas só apretando os botóns do seu mando a distancia.


Foi unha experiencia xenial e estamos todos moi animados a participar no concurso e crear moitos personaxes. Grazas Marc e Luis, volvede cando queirades!



viernes, 28 de febrero de 2014

VÍSTETE DE CÓMIC

E non podía ser doutro xeito polo que despois de moito traballo puidemos saír de pasarrúas a lucir os nosos disfraces de cómic. Os de primeiro ían de POPEYE E OLIVIA e os de segundo de ZIPI E ZAPE. Os traxes quedaron moi lucidos e coloridos. Ao chegar á praza do Concello cantamos e tocamos coas maracas a nosa cantiga e finalmente volvemos para as clases a facer unha merenda de doces típicos de Entroido. Mmmmm... que ricos estaban! Despois xogamos e vimos a película de "Zipi e Zape e o clube da canica" ata que chegou a hora de marchar para casa. 
Feliz Entroido a todos!

domingo, 23 de febrero de 2014

SEMANA DE ENTROIDO

Arranca con forza a semana de Entroido e para empezar:
O LUNS PISPIRETO
PÍNTOME O CARETO.
O MARTES ATREVIDO
LEVA UN GORRO DIVERTIDO.
O MÉRCORES SABOROSO
TRAE ALGO NO PESCOZO.
Así que xa sabedes, ide lendo no corredor o que nos toca traer cada día...

Os rapaces do ciclo xa estamos preparando os nosos disfraces, e para coñecer mellor aos nosos personaxes Zipi e Zape estamos facendo moitas actividades:
Lemos historietas, debuxamos aos personaxes, describímolos, inventamos historias novas, decoramos as aulas...
Podedes ver algunha destas actividades neste enlace: ZIPI E ZAPE









viernes, 21 de febrero de 2014

O PEQUENO MAGO

Hoxe veu visitarnos ROQUE CAMESELLE, o autor dun libro chamado O PEQUENO MAGO. Explicounos como convertiu un libro para adultos chamado BIEITO DUBIDOSO nunha película e conto infantil.
Primeiro explicounos como crearon e elixiron os personaxes, como debuxaron os fondos das diferentes esceas, como facían a animación pasando os debuxos moi rápido, en que consistía o "story board" e, finalmente, como grazas ao ordenador convertían un debuxo plano nun debuxo 3D. Aprendemos cousas tan interesantes como que participaron 200 debuxantes para facer a peli!!! Ao final puxeron o tráiler da película e... quedamos con ganas de vela enteira!
Grazas por explicarnos a maxia do cine, Roque!


jueves, 30 de enero de 2014

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ lembrando a Nelson Mandela. Cada aula traballou unha das frases que pronunciou ao longo da súa vida, con elas fixemos un mural e lémolas no patio onde cantamos unha canción de Simple Minds sobre Mandela e CAMPÁS POLA PAZ de Migallas. Ao final soltamos unha pombiña.







domingo, 26 de enero de 2014

BIBLIOTECAS AMIGAS

O venres 24 foi unha data moi especial. Fomos ao Centro Social do Mar e alí estaba agardándonos TAMBO! A tartaruga mascota da biblioteca do CEIP do Carballal de Marín. E, non viñera soa, que estaba acompañada de ONZA e os seus profes VÍCTOR e LAURA. Estaban ademáis PAPIRUS e a profe MARTA.
Entre todos, contáronnos as historias e cantáronnos algunhas das cancións do libro-disco-DVD TAMBO.
Gustounos moito compartir un rato tan agradable con eles cantando e bailando a rachar!
Esperamos volver a veros moi cedo, mentres tanto podedes ver os vídeos...












miércoles, 8 de enero de 2014

OBRADOIROS DE NADAL

O venres 20 de decembro, último día de clase, participamos nos OBRADOIROS DE NADAL.
- No obradoiro bilingüe aprendemos unha panxoliña en inglés "Jingle Bells" xunto á profe Luisa e fixemos unha postal de Nadal.
- No obradoiro plástico un grupo de nais axudounos a crear unha paisaxe invernal de plastilina. Moitísimas grazas a todas pola vosa colaboración e pola vosa ilusión!
- No obradoiro creativo fixemos uns adornos navideños en forma de rosca xunto á profe Geli para decorar a carroza da ANPA.
- No obradoiro musical cantamos e bailamos a canción da nosa mascota "PAPIRUS" e fixemos un adorno navideño para a árbore da nosa casa.
 
Para finalizar ben a mañá, fixemos unha merenda conxunta que, no 2º curso foron unhas BROCHETAS DE FROITA E CHOCOLATE que estaban mmm! DELICIOSAS!!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...