BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 29 de diciembre de 2015

OBRADOIROS DO NADAL

Para despedir o trimestre e comezar con sabor doce as vacacións de Nadal o día 18 na escola participamos moi activamente en catro obradoiros: plástico, musical, decorativo e plurilingüe. Tamén nos visitaron os Reis Magos e déronnos lambetadas, nós para que marchasen contentos agasallámolos cunha panxoliña "A árbore de Papá Noel". Rematamos a intensa xornada saboreando doces do Nadal. Gozade do vídeo.

VISITA AO MUSEO MASSÓ

O 17 de decembro visitamos o museo Massó para descubrir, coñecer e experimentar o museo empregando os diferentes sentidos.

EXPERIMENTAMOS COS ESTADOS DA AUGA

Dentro do proxecto "Da Terra ao Espazo" aprendemos moitas cousas sobre a auga na Terra e experimentamos cos estados da auga: na escola observamos como a auga en estado sólido se converte en estado líquido.

En familia, os nenos e as nenas de segundo foron quen de "crear chuvia" seguindo unhas instrucións dadas, aquí podemos ver o traballo realizado por Manel un neno de 2º A na compaña da súa familia.



Experimento primeira parte:


Experimento segunda parte:

lunes, 9 de noviembre de 2015

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O mércores día 4 de novembro os nenos e nenas de 2º curso prepararon unha sesión que consistiu en "experimentar cos sentidos" cun dobre obxectivo  despertar a sensibilidade sensitiva para coñecerse mellor e conmemorar o día da ciencia en galego. Foi todo un éxito! tal e  como reflicten algunhas fotos da experiencia e as  impresións dalgúns nenos e nenas. 
Sentido do tacto


Sentido do gusto

Sentido do olfacto


Sentido da vista

Sentido do oído



Opinións de algúns nenos e nenas do vivido na aula de ciencias:


Hoxe o que máis me gustou foi probar aqueles sabores” Pablo

“Na aula de ciencias estivemos traballando os cinco sentidos: Vista, oído,tacto,olfacto,gusto. Ao final tivemos que poñer a pegada do dedo.Co tacto nos vendaron os ollos e tivemos que adiviñar cousa.” Brais

“Na aula das ciencias paseino pipa sobre todo no sentido do tacto, o sentido do olfacto, e o sentido do gusto.No sentido do olfacto paseino moi ben, non so porque adiviñei case todo senón  porque me divertín, no sentido do gusto paseino ben porque me botaron diferentes sabores na lingua e sabíanme case todos ben, Ja,ja ja… “ Fabiola

“Hoxe paseino moi ben, fomos a aula de ciencias e aprendemos como era  a lingua, como eraa orella, como eran os ollos, como eran as mans e como era o nariz, paseino moi ben e selei o meu dedo” Manel

“Na sala de ciencias estivemos probando cousas do gusto, tamén do olfacto e cheiramos cousas raras. A profe Silvia tapounos os ollos cunha bufanda e tocamos cousas, tamén escribimos cousas sobre o oído e a vista” Xavi

“Hoxe fomos a aula de ciencias, primeiro fomos a aprender cousas sobre os ollos, logo fomos a cheirar cousas moi raras, despois fomos a probar duns líquidos: amargo, doce,salgado e ácido e logo fomos a tocar cousas: tocamos xeo e auga quente e me sentín feliz.” Antía

“Hoxe na aula de ciencias fixemos tocar cousas, xogamos e aprendemos os sentidos” Sofía

“Hoxe na aula de ciencias fixemos experimentos cos sentidos, primeiro tocamos mmmm…non sei pero foi moi divertido”  Ana

domingo, 8 de noviembre de 2015

SAMAÍN 2015

Este  curso celebramos un Samaín cósmico, a participación das familias coa decoración  de cabazas demostrou unha gran creatividade e interese pola actividade, podemos ver na exposición galaxias, asteroides, astronautas, planetas , personaxes extraterrestres, satélites, etc, un magnífico UNIVERSO. Podemos ver algunhas fotos
A nosa intención foi que desenvolverades emocións positivas  en familia cun tema que  esperta moita curiosidade entre escolares, ESPERAMOS TELO CONSEGUIDO!!

Dende as aulas participamos na elaboración duns conxuros cósmicos, saíron verdadeiramente transformadores, oxalá  se cumpran!!! Cada grupo aportou  un conxuro  que colocou nun planeta  para poder viaxar polo espazo do  mural da entrada do cole. Moi bonito e ilustrativo!!
Aquí están os conxuros dos nenos e nenas de segundo, foi un traballo colaborativo. A ver se sodes quen de lelos, seguro que vos gustan.




lunes, 26 de octubre de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O luns 26 de outubro o Bibliocastelo festexou o aniversario de Papirus e convidounos aos nenos e nenas de 1º e 2º a celebración.  Foi un día de biblioteca especial, primeiro mostráronnos un vídeo precioso da viaxe de Papirus polo espazo e decatámonos de   cantas e importantes  cousas está descubrindo. Tamén nos leron un conto moi familiar e tenro que se titulaba “Papá, por favor, achégame a Lúa” estivemos moi atentos! Logo, por tratarse dun aniversario especial non houbo candeas que soprar, pero si houbo chuches espaciais para tomar. Para rematar, cada un de nós deixou o seu foguete no Bibliocastelo para que cando Papirus regrese do seu percorrido atope os seus agasallos.
              Feliz día das bibliotecas escolares





miércoles, 23 de septiembre de 2015

REUNIÓN DE FAMILIAS CURSO 2015/2016

Deixamos aquí a presentación que mostramos o martes día 22 de setembro na reunión de familias de 2º curso de primaria. Esperamos que chegue esta información a maioría de nais e pais. Un saúdo
Premade na imaxe para poder ler.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...