Na praza os nenos e nenas de 1º cantaron un Rap e os de segundo cantaron o poema da Lúa de Manuel María, nós atrevémonos a engadirlle unha estrofa. Aquí queda o poema.
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
lunes, 15 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
O 5 de febreiro, un día marabilloso de ceo azul, os nenos e nenas de 1º e 2º saímos a lucir os disfraces de Lúas e Estrelas polas rúas de Bueu. Como non podía ser menos, todo o alumnado de primaria e infantil enchemos a vila de cores espaciais. Na praza Massó, recibimos os aplausos agarimosos dos veciños e familias que estiveron escoitando as nosas cantigas. Aquí quedan algunhas fotos dos disfraces da comparsa "LÚAS ESTRELADAS"
miércoles, 3 de febrero de 2016
DÍA DA PAZ
Este ano para conmemorar o día ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ inspirámonos no libro "O HOMIÑO DE PAPEL" de Fernando Alonso.
Para finalizar todos xuntos bailamos a paz coa canción de MAMÁ CABRA "Baile da paz" aquí queda o vídeo coaa canción para que o nunca deixemos de bailar a PAZ.
Ao longo do mes de xaneiro, todos os cursos recollemos boas noticias en diferentes medios de comunicación e creamos o mural que se pode ver no corredor do centro de primaria.
O día 29 de xaneiro todo o alumnado do colexio ás 12:30 da mañá reunímonos no centro de primaria e lemos unha selección de boas noticias. Aquí podemos ver aos alumnos de 2º A e B facendo a súa aportación.
Para finalizar todos xuntos bailamos a paz coa canción de MAMÁ CABRA "Baile da paz" aquí queda o vídeo coaa canción para que o nunca deixemos de bailar a PAZ.
martes, 29 de diciembre de 2015
OBRADOIROS DO NADAL
Para despedir o trimestre e comezar con sabor doce as vacacións de Nadal o día 18 na escola participamos moi activamente en catro obradoiros: plástico, musical, decorativo e plurilingüe. Tamén nos visitaron os Reis Magos e déronnos lambetadas, nós para que marchasen contentos agasallámolos cunha panxoliña "A árbore de Papá Noel". Rematamos a intensa xornada saboreando doces do Nadal. Gozade do vídeo.
Etiquetas:
OBRADOIROS DE NADAL
VISITA AO MUSEO MASSÓ
O 17 de decembro visitamos o museo Massó para descubrir, coñecer e experimentar o museo empregando os diferentes sentidos.
Etiquetas:
VISITA AO MUSEO MASSÓ
EXPERIMENTAMOS COS ESTADOS DA AUGA
Dentro do proxecto "Da Terra ao Espazo" aprendemos moitas cousas sobre a auga na Terra e experimentamos cos estados da auga: na escola observamos como a auga en estado sólido se converte en estado líquido.
En familia, os nenos e as nenas de segundo foron quen de "crear chuvia" seguindo unhas instrucións dadas, aquí podemos ver o traballo realizado por Manel un neno de 2º A na compaña da súa familia.
Experimento primeira parte:
Experimento segunda parte:
lunes, 9 de noviembre de 2015
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O mércores día 4 de novembro os nenos e nenas de 2º curso prepararon unha sesión que consistiu en "experimentar cos sentidos" cun dobre obxectivo despertar a sensibilidade sensitiva para coñecerse mellor e conmemorar o día da ciencia en galego. Foi todo un éxito! tal e como reflicten algunhas fotos da experiencia e as impresións dalgúns nenos e nenas.
| Sentido do tacto |
| Sentido do gusto |
| Sentido do olfacto |
| Sentido da vista |
| Sentido do oído |
Opinións de algúns nenos e nenas do vivido na aula de
ciencias:
“Hoxe o que máis me gustou foi probar aqueles
sabores” Pablo
“Na aula de ciencias estivemos traballando os
cinco sentidos: Vista, oído,tacto,olfacto,gusto. Ao final tivemos que poñer a
pegada do dedo.Co tacto nos vendaron os ollos e tivemos que adiviñar cousa.” Brais
“Na aula das ciencias paseino pipa sobre todo
no sentido do tacto, o sentido do olfacto, e o sentido do gusto.No sentido do
olfacto paseino moi ben, non so porque adiviñei case todo senón porque me divertín, no sentido do gusto paseino
ben porque me botaron diferentes sabores na lingua e sabíanme case todos ben,
Ja,ja ja… “ Fabiola
“Hoxe paseino moi ben, fomos a aula de
ciencias e aprendemos como era a lingua,
como eraa orella, como eran os ollos, como eran as mans e como era o nariz,
paseino moi ben e selei o meu dedo” Manel
“Na sala
de ciencias estivemos probando cousas do gusto, tamén do olfacto e cheiramos
cousas raras. A profe Silvia tapounos os ollos cunha bufanda e tocamos cousas,
tamén escribimos cousas sobre o oído e a vista” Xavi
“Hoxe fomos a aula de ciencias, primeiro fomos
a aprender cousas sobre os ollos, logo fomos a cheirar cousas moi raras,
despois fomos a probar duns líquidos: amargo, doce,salgado e ácido e logo fomos
a tocar cousas: tocamos xeo e auga quente e me sentín feliz.” Antía
“Hoxe na aula de ciencias fixemos tocar
cousas, xogamos e aprendemos os sentidos” Sofía
“Hoxe na aula de ciencias fixemos experimentos
cos sentidos, primeiro tocamos mmmm…non sei pero foi moi divertido” Ana
|
Etiquetas:
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
domingo, 8 de noviembre de 2015
SAMAÍN 2015
Este curso celebramos un Samaín cósmico, a participación das familias coa decoración
de cabazas demostrou unha gran creatividade e interese pola actividade,
podemos ver na exposición galaxias, asteroides, astronautas, planetas ,
personaxes extraterrestres, satélites, etc, un magnífico UNIVERSO. Podemos ver algunhas fotos
A nosa intención foi que desenvolverades emocións positivas en familia cun tema que esperta moita curiosidade entre escolares, ESPERAMOS TELO CONSEGUIDO!!
A nosa intención foi que desenvolverades emocións positivas en familia cun tema que esperta moita curiosidade entre escolares, ESPERAMOS TELO CONSEGUIDO!!
Dende as
aulas participamos na elaboración duns conxuros cósmicos, saíron verdadeiramente
transformadores, oxalá se cumpran!!! Cada grupo aportou un conxuro que colocou nun planeta para poder viaxar polo espazo do mural da entrada do cole. Moi bonito e ilustrativo!!
Aquí están
os conxuros dos nenos e nenas de segundo, foi un traballo colaborativo. A ver se sodes quen de lelos, seguro que vos gustan.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






