BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o DÍA DA POESÍA dun xeito moi especial, pois viñeron estudantes do IES Johan Carballeira a recitarnos poesías polas aulas. E como onte empezou a PRIMAVERA, recitámoslles un pequeno pareado que aprendemos na clase de lingua castelá:
La primavera ha venido,
nadie sabe cómo ha sido.


http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2017/03/21-de-marzo-dia-da-poesia.html

Grazas rapaces! Sodes sempre benvidos!!!

domingo, 5 de marzo de 2017

O XOGO DA MIÑOCA

Xa que este ano o Concello quere instalar un composteiro na zona do colexio, o venres, o alumnado de 1º e 2º recibimos a visita de María, que nos trouxo o XOGO DA MIÑOCA. Era un xogo parecido á tradicional OCA, pero que tiña probas e casiñas relacionadas coa reciclaxe e a compostaxe.
Aprendemos a regla das tres R: Reducir, Reciclar e Reutilizar; e pasamos un rato moi agradable xogando por equipos.






MÁIS DE... BUSCANDO AOS MINIONS!


Como xa publicamos hai uns días, o venres 24 celebramos un ENTROIDO DE CINE, que resultou espectacular. Tanto, que aínda nos quedaron cousas por dicir...
Toda a semana de Entroido viñemos á escola adornándonos cada día con algo distinto: o LUNS coa cara maquillada, o MARTES cun sombreiro, o MÉRCORES con algo no pescozo e o XOVES con algo nos pés... E como cada ano, quedamos sorprendidos coa orixinalidade e a creatividade das familias. Aí van algunhas fotos...






Ademais, decoramos unha pancarta co lema da nosa comparsa BUSCANDO AOS MINIONS, para lucila o día do pasarrúas.

E despois do desfile, e dos cánticos na praza Massó, ao voltar ás aulas atopamos unha merenda fabulosa elaborada polas nosas familias: CHULAS, FILLOAS. ORELLAS, BISCOITOS... Mmmmm! Que boísimo estaba todo!!!! Mirade como compartimos a merenda...
E, xa para rematar, se queredes ver máis imaxes do Entroido no colexio, premede nestes enlaces:

miércoles, 1 de marzo de 2017

OS ALIMENTOS


Resultado de imagen de gif vaso de aguaRematamos o tema dos alimentos coa creación da nosa neveira particular e colectiva. Nela, dividimos os alimentos en tres baldas: de consumo diario, semanal e ocasionalmente. Ademais, sabemos que é necesario facer exercizo, beber auga e durmir ben.
Iniciamos os coñecementos de palabras como hidratos de carbono, proteínas, vitaminas e minerais así como o significado da orixe dos alimentos.
                         
                          Este é un exemplo do noso traballo:








                                                            
                 

BUSCANDO AOS MINIONS

     O venres 24 de febreiro, coincidindo co día de Rosalía, todo o cole celebrou o Entroido, pero eso si, un ENTROIDO DE CINE! Comezamos a vestirnos ansiosos ás 10 da mañá xa que tiñamos unha cita: recoller aos raparigos de Infantil para o pasarrúas. Dito e feito! Todo eran fotos e sorrisos ao arredor. Na praza do Concello, escoitamos e cantamos as cancións creadas para tal día: os de infantil... ESPECTACULARES! os de 1º e 2º... SOBERBIOS, os de 3º e 5º...UNS CAMPIÓNS e os de 4º e 6º... XENIAIS!
De volta ao cole, aínda que levaban algunha banana no peto, os Minions tiñan fame e fixeron unha boa festa!!! Así, aproveitaron para despedirse de Mariña que esperemos, nos visite de novo!



    
  Para coñecer un pouco máis os personaxes dos Minions e a Scarlet Overkill, podedes ver o tráiler da película!

                        


  Para saber algo máis de Nemo e Dory...


                   

jueves, 23 de febrero de 2017

ROSALIANDO NO CEIP A PEDRA

O alumnado do CEIP Plurilingüe A Pedra celebra o día de ROSALÍA DE CASTRO  recitando ADIOS RIOS, ADIOS FONTES. É un pracer escoitalos!

 

sábado, 18 de febrero de 2017

APRENDIZAXE COOPERATIVO

INVESTIGANDO ANIMAIS!

O alumnado de primeiro por equipos tivo que  investigar diferentes animais mamíferos: O GOLFIÑO, A BALEA, A FOCA, O MORCEGO, O LEÓN E O CANGURO. Logo, na aula e coa estructura coopertiva "Folios ao centro", cada equipo foi seleccionando a información con relación as pregustas que se lle facían e púxose de acordo para respondelas. A continuación, pegaron de xeito ordenado todo o traballo realizado nunha cartolina, a modo de mural. Para finalizar este traballo, cada equipo terá que contarlle e transmitirlle a todos os demais compañeiros o que aprendeu sobre o animal investigado. Aquí vémolos posando orgullos co seu traballo!


Equipo de "Periquitos" fixo o traballo sobre o MORCEGO.

 Equipo de "Minions" fixo o traballo sobre o CANGURO.


 Equipo de "Canta" fixo o traballo sobre a FOCA.


 Equipo de "Perritos" fixo o traballo sobre o GOLFIÑO


 Equipo de "Charlie" fixo o traballo sobre o LEÓN


 Equipo de "Esquios" fixo o traballo sobre a BALEA



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...