BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 13 de febrero de 2018

AS CENORIAS MELOSAS

Os alumnos e alumnas de 2º tamén preparamos o noso Entroido con moita emoción. Preparamos disfraces de TARRO DE MEL: coloreando etiquetas, abellas e repasando panais. As familias viñeron ao cole para axudarnos a preparar os disfraces, tamén elaboraron unha maraca en forma de abella e quedaron chulísimas! 
Durante a semana fixemos "O Mandadiño", traendo ao cole cada día un complemento divertido e algúns moi inxeniosos. 
E finalmente o venres 9 puidemos saír de pasarrúas por Bueu, xunto cos nosos compañeiros de 1º. Todos xuntos interpretamos na carpa da praza Massó a canción da nosa comparsa AS CENORIAS MELOSAS. Quedounos xenial!


domingo, 11 de febrero de 2018

Chegou O Entroido

Esta semana de febreiro estivemos traballando o Carnaval en diferentes países e como non, en Galicia. 
Aprendemos moitas cousas dos folións, dos peliqueiros, das mázcaras... coa axuda dos Bolechas e aínda nos quedan moitas por ver.
E o venres chegou o gran día do desfile, despois de recortar tantas cenorias, ollos, bocas... tiñamos medo que a choiva non nos deixara ensinarvos os nosos traxes polas rúas da vila, pero a auga non apareceu incluso en algún momento saíu o sol. 
Pasámolo moi ben e chegamos con tanta fame que devoramos todas as orellas, filloas, flores... que fixeran as familias, moitas grazas.

viernes, 19 de enero de 2018

A meteocaixa

A volta das vacacións de Nadal chegou a clase de primeiro A a meteocaixa; durante dúas semanas estivemos rexistrando o nivel de precipitacións, a temperatura máxima, a temperatura mínima...
Pero o que máis nos gustou foi aprender cousas sobre a lúa, a profe trouxo unha caixa a clase para ver as distintas fases polas que pasa.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

domingo, 14 de enero de 2018

OBRADOIROS DE NADAL

O último día antes das vacacións foi un día especial pois no canto de dar clase tivemos uns OBRADOIROS DE NADAL. Houbo 4 distintos e tiñamos que ir rotando polas aulas do noso corredor para participar en todos eles.
Na aula de inglés tivemos un OBRADOIRO PLURILINGÜE no que a profe Marina organizou un concurso por equipos no que tiñamos que responder a preguntas sobre Christmas. Incluso deunos tempo a facer un Christmas Card!
Na aula de 2º A había un grupo de pais e nais colaboradores e cos que elaboramos unha paisaxe invernal de plastilina para decorar a entrada do colexio. Chamouse OBRADOIRO CREATIVO.
 Na aula de 2º B esperábanos o OBRADOIRO PLÁSTICO, organizado pola profe Geli. Nel fixemos moitas verduras usando a técnica do collage e que despois pegaremos no mural da escaleira, baixo o título A CASIÑA DE VERDURIÑA. 
Na aula de 1º A tivemos un OBRADOIRO DE COCIÑA, pois estaba a profe Goretti que organizou un obradoiro de Masterchef onde por equipos cooperativos fomos creando ricas receitas que logo degustamos na merenda posterior.
Ao rematar os obradoiros, saímos ao patio a xogar un chisquiño e axiña nos chamaron porque estaban esperándonos os Reis Magos de Oriente!!! Cantámoslles unhas panxoliñas e incluso algúns compañeiros nosos tocaron a guitarra estupendamente.


Para rematar o día, compartimos unha merenda especial de Nadal.
Se queredes ver as fotos, premede neste ENLACE. Hai 5 páxinas con fotos dese día!

domingo, 7 de enero de 2018

PRACTICANDO TEATRO NO NADAL

MISTERIOSA DESAPARICIÓN

A última semana antes de dar comezo as vacacións do Nadal os nenos e nenas de segundo curso representamos unha sinxela obra de teatro "MISTERIOSA DESAPARICIÓN" para compartila entre nós. Unhas veces faciamos de espectadores e outras faciamos de artistas. Aquí queda unha pequena mostra.

viernes, 15 de diciembre de 2017

SABOROSO NADAL!

Nas semanas previas ás vacacións, o alumnado de 2º preparamos moitas actividades relacionadas co Nadal. Unha delas foi a portada da carpeta coas fichas do trimestre. Nesta ocasión decoramos unha árbore de Nadal con alimentos variados. Mirade que saborosos quedaron!





viernes, 1 de diciembre de 2017

Circopeta e máis...

Onte fomos ao concerto do grupo Odaiko chamado Circopeta, no auditorio de Afundación en Pontevedra, gustáronnos moito os instrumentos da familia de percusión que empregaron con distintos materiais, como caldeiros, botellas, vasoiras... Foi moi divertido e interesante.
O alumnado de 2º despois paseamos pola Illa das Esculturas. Mirade no vídeo que ben o pasamos e canto aprendemos!
Os nenos e nenas de primeiro tamén fomos á exposición Wild Life no Café Moderno, tivemos un obradoiro onde fixemos unha araña e despois ensináronnos moitas cousas dos animais salvaxes que alí había expostos en fotografías. Pasounos a mañá voando!














LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...