BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 24 de enero de 2019

INAUGURAMOS O BIBLIOCASTELO!

BIBLIOCASTELO, así é como chamamos á biblioteca do noso colexio que se inaugurou esta semana despois da ampliación de espazos. Nela vamos poder facer moitas cousas interesantes, ademais de ler, porque está chea de espazos creativos. 
E como é un lugar ideal para amosar as nosas aprendizaxes, esta semana Borja e Anxo, uns nenos de 3ºB foron contarlle o conto de GARAVANCIÑO ao alumnado de 1ºB na "Hora de Ler". Resultou unha actividade moi enriquecedora para todos. Non hai máis que ver o atentos estaban os peques do colexio!



viernes, 11 de enero de 2019

OBRADOIROS DE NADAL

O último día antes de irnos de vacacións de Nadal foi moi especial. Celebramos os obradoiros de Nadal e fomos rotando polas clases onde nos esperaba un xogo cooperativo distinto en cada unha delas.
- No obradoiro plurilingüe, con Marina, fixemos un concurso de QUESTIONS e unha CHRISTMAS CARD de agasallo.
- No obradoiro expresivo, con Goretti, fixemos un xogo relacionado con BLANCANIEVES Y LOS 7 DERECHITOS.
- No obradoiro decorativo, con Geli, ordenamos dentro duns globos as letras dos dereitos humanos para completar o MURAL de Mafalda e fixemos as letras do título.
- No obradoiro plástico, con Rosa, creamos unha PAISAXE INVERNAL con plastilina. Temos que agradecer a axuda dalgúns papás e mamás que desinteresadamente colaboraron con nós. Viñeron o pai de Lola (1ºA) e a nai de Nerea (1ºB), o pai de Gabriel (2ºA) e a nai de Carmen (2ºB) GRAZAS!!!

Para rematar a mañá, visitáronnos os Reis Magos. Cantámoslles panxoliñas e tocaron a guitarra algúns dos nosos compañeiros. Finalmente, merendamos xuntos doces típicos de Nadal. 
Este día foi tamén a despedida do profe Jacobo, de 1ºA. Moitas grazas por ensinarnos todo este tempo e moita sorte!

 Podedes ver no vídeo o ben que o pasamos e as actividades chulas que fixemos:

sábado, 22 de diciembre de 2018

BO NADAL!

 

Premendo nesta imaxe podedes atopar moita información sobre a postal colaborativa na que participamos o alumnado de 1º e 2º de Primaria coas seguintes persoas que loitaron polos Dereitos Humanos:
2ºB: Mahatma Ghandi

 1ºA: Emilia Pardo Bazán

 1ºB: Rigoberta Menchú

 2ºA: Annie Nushann

jueves, 20 de diciembre de 2018

A ÁRBORE DOS DEREITOS

Nestes días que estamos rematando o trimestre, estamos moi ocupados decorando as portadas das carpetas de Nadal. Este ano creamos a ÁRBORE DOS DEREITOS, pegando en cada bóla da árbore a imaxe dun dereito: vivenda, familia, identidade...
Mirade que chulos quedaron!



miércoles, 28 de noviembre de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dado que o mes de novembro é o mes da ciencia en galego, o alumnado de 1º quixemos facer un sinxelo experimento no que empregamos o traballo cooperativo chamado TINGUIR O LEITE.
Ademais de facer debuxos noutro soporte que non é o papel e xogar coas cores, comprobamos como a graxa do leite retén o colorante pero ao botarlle xabón quitagraxas actúa rompendo esa barreira.
Primeiro tivemos que atopar coa estrutura "lapis ao centro" os materiais que necesitabamos para o noso experimento. Despois, lemos con "lectura compartida" os pasos a seguir. A continuación, repartíronnos os materiais e fomos paso a paso realizando o noso experimento. Finalmente cubrimos a nosa ficha e debuxamos o resultado.
Foi moi sorprendente, e encantounos a mestura de cores que conseguimos!

viernes, 16 de noviembre de 2018

OBRADOIROS ECOLÓXICOS

Co gallo da feira ecoartesá que se celebra en Bueu nesta fin de semana, viñeron dúas monitora a impartir uns obradoiros ecolóxicos. Fixemos grupos e probamos a xogar un ratiño en cada un. Foi moi divertido!

martes, 6 de noviembre de 2018

MAGOSTO

Hoxe celebramos o Magosto no colexio pero como foi un día moi chuvioso non puidemos xogar aos xogos tradicionais que estaban previstos.
Nas aulas aprendemos poemas, cantigas e refráns propios destas datas e tamén degustamos as castañas que cociñaron Martín e Ramón para nós. 
Estaban boísimas!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...