BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

sábado, 23 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

Este ano, para celebrar o Día de Rosalía estivemos traballando nas aulas o poema PRA HABANA, que nos fala da emigración a Cuba e que está incluído no libro Cantares Galegos. Deixámosvos unha pequena mostra dos alumnos de 2º A e 2º B recitando o poema.

jueves, 21 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

O día de ROSALÍA 2019 celebrámolo na escola recitando e gravando o poema PRA HABANA! de Cantares Galegos. Na nosa intención está coñecer cada ano un pouquiño máis a poeta maior de Galicia: lendo, recitando, cantando, debuxando... os seus poemas. Neste vídeo ROSALIANDO DEREITOS queda unha pequena mostra do que fixeron o alumnado de 1ºA e 1ºB.

martes, 19 de febrero de 2019

OS ELECTRECOS

Xove veu ao Bibliocastelo o Doctor Nillo (Ator Nillo)😉 para explicarlle ao alumnado de 1º que facer cos RAEE: Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. A través dun vídeo dos Bolechas descubrimos que os aparellos vellos non se poden tirar ao lixo nin deixar polos montes e ríos, senón que hai que reutilizalos, levalos a un punto limpo ou pedir que nolo recollan nos puntos de venda. 
O Doctor Nillo ensinounos unha canción, fixo un concurso e deunos un montón de agasallos e un libro dos Bolechas. O que máis nos gustou foi o carnet de colaborador dos Electrecos!
Podedes consultar moita máis información neste enlace: ELECTRECOS.
A partir de agora teremos máis conta do que tiramos. Grazas Nillo!!!
 



jueves, 31 de enero de 2019

VISITA POLA PAZ

Hoxe, o alumnado de 1º tivemos unha visita moi especial. O pai de Daniel de 1ºB veu contarnos unha parte da súa experiencia no Líbano e aproveitando o tema deste curso, descubrimos que nese país non sempre se respectan os Dereitos Humanos pois hai nenos que traballan e non van á escola, viven en lugares pechados dos que non se lles permite saír como se foran gaiolas, non hai acceso libre á educación e sanidade... 
Julio demostrounos que somos uns privilexiados por ter todo o que temos e que debemos axudar a construir a Paz como fai el xunto cos seus compañeiros. Moitísimas grazas pola túa experiencia!




miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no ximnasio un acto para conmemorar a morte de Gandhi. Nesta data se recorda a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Participamos no mural colaborativo de todo o colexio baixo o lema: O DEREITO Á PAZ ESTÁ NAS TÚAS MANS, e por iso en cada clase decoramos unha man escribindo dentro de que maneira construimos nós a Paz. Despois cantamos e bailamos xuntos as cancións elixidas nesta ocasión:
Galego: Quérote máis (Sonoro Maxín) 
Inglés: I see you in me (Gbenga Adenuga)
Francés: Je suis comme toi (Antsa & Mendrika)






jueves, 24 de enero de 2019

INAUGURAMOS O BIBLIOCASTELO!

BIBLIOCASTELO, así é como chamamos á biblioteca do noso colexio que se inaugurou esta semana despois da ampliación de espazos. Nela vamos poder facer moitas cousas interesantes, ademais de ler, porque está chea de espazos creativos. 
E como é un lugar ideal para amosar as nosas aprendizaxes, esta semana Borja e Anxo, uns nenos de 3ºB foron contarlle o conto de GARAVANCIÑO ao alumnado de 1ºB na "Hora de Ler". Resultou unha actividade moi enriquecedora para todos. Non hai máis que ver o atentos estaban os peques do colexio!



viernes, 11 de enero de 2019

OBRADOIROS DE NADAL

O último día antes de irnos de vacacións de Nadal foi moi especial. Celebramos os obradoiros de Nadal e fomos rotando polas clases onde nos esperaba un xogo cooperativo distinto en cada unha delas.
- No obradoiro plurilingüe, con Marina, fixemos un concurso de QUESTIONS e unha CHRISTMAS CARD de agasallo.
- No obradoiro expresivo, con Goretti, fixemos un xogo relacionado con BLANCANIEVES Y LOS 7 DERECHITOS.
- No obradoiro decorativo, con Geli, ordenamos dentro duns globos as letras dos dereitos humanos para completar o MURAL de Mafalda e fixemos as letras do título.
- No obradoiro plástico, con Rosa, creamos unha PAISAXE INVERNAL con plastilina. Temos que agradecer a axuda dalgúns papás e mamás que desinteresadamente colaboraron con nós. Viñeron o pai de Lola (1ºA) e a nai de Nerea (1ºB), o pai de Gabriel (2ºA) e a nai de Carmen (2ºB) GRAZAS!!!

Para rematar a mañá, visitáronnos os Reis Magos. Cantámoslles panxoliñas e tocaron a guitarra algúns dos nosos compañeiros. Finalmente, merendamos xuntos doces típicos de Nadal. 
Este día foi tamén a despedida do profe Jacobo, de 1ºA. Moitas grazas por ensinarnos todo este tempo e moita sorte!

 Podedes ver no vídeo o ben que o pasamos e as actividades chulas que fixemos:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...