BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 6 de junio de 2019

ACTIVIDADES MAIO E XUÑO

Nestes últimos días de curso, levamos un ritmo frenético con tantas actividades interesantes que nos quedaban por facer. Nesta entrada imos facer un resumo dalgunhas delas.

OBRADOIRO DE CONTOS CON MIRÓ:
Esta actividade consistiu en decorar a parede exterior da biblioteca. Antes era un muro feo e sucio, pero dende que renovamos o Bibliocastelo tiñamos moitas ganas de decoralo. Eliximos a mellor das maneiras: cun contacontos! e para iso nos axudou Esteban, o TARABELO. Neste vídeo podedes ver como foi o proceso.
Agora temos un muro precioso. No facebook de Tarabelos podedes ver máis fotos.
Mil grazas, Esteban!!!



CREACTIVITY:
Un día apareceu no patio do colexio un autobús moi especial. Dentro del, un montón de cousas rarísimas estábannos esperando. Pero... que eran? Pois nada menos que obxectos para experimentar e aprender ciencia!!!
Entre eles había material de robótica, un panel enorme para crear labirintos, desafiamos a lei da gravidade co tubo de aire e, o que máis nos gustou: uns ordenadores para crear as nosas películas con stopmotion! Foi un día xenial😄






jueves, 23 de mayo de 2019

REUNIÓN FINAL DE CURSO 1º e 2º

Nesta presentación está a información dada o pasado martes día 21 na reunión de familias que tivo lugar no centro.
 

martes, 21 de mayo de 2019

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2019

Hoxe, o alumnado de 1º tivemos unha actividade moi especial. Voltamos ao cole de Infantil para lerlle un conto aos pequeniños do cole. Ao chegar, despois de redescubrir os nosos recunchos favoritos do cole, buscamos unha parella para lerlle as poesías.
O libro elixido foi POEMAS CON PIRULETA (Carlos Fontes e Leandro Lamas), xa que o traballamos moito na clase e como son poemas moi bonitos e con ilustracións coloridas, aos peques encantoulles. 
Ademais, fixémoslles uns debuxos coas ilustracións dos nosos poemas favoritos e eles agasalláronnos con outros.
Ao final da actividade as profes tiñan unha sorpresa: unha PIRULETA para cada un de nós.
Foi xenial!!!
Podedes ver máis información neste enlace: LARETASDEBUEU

domingo, 19 de mayo de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa queda pouquiño para rematar un curso onde o máis representativo foi a reapertura da Biblioteca, actualizada, renovada e chea de espazos para aprender de distintos xeitos. 
E como a biblioteca non é só un lugar pechado, unha pequena parte dela saíu ás nosas casas dentro das MOCHILAS VIAXEIRAS. 

Canta ilusión tiñamos porque nos tocara a semana de levar a mochila á nosa casa!!! E despois na clase, contarlle aos compañeiros cal foi o noso libro preferido ou ensinarlles algo do que aprendemos cos libros.
Tedes aquí unha pequena mostra das reflexións que quedaron escritas nas libretas das Mochilas Viaxeiras. Ata pronto!



miércoles, 15 de mayo de 2019

CORRELINGUA

O 2 de maio fomos a Cangas para participar no Correlingua do Morrazo en compañía de miles de nenos e nenas doutros coles da nosa contorna. Alí fixemos un percorrido polas rúas lucindo as palabras galegas que decoraban as nosas camisetas (este ano, relacionadas co tema dos dereitos humanos) e falando e cantando en galego. Despois chegamos a unha explanada onde merendamos e escoitamos o manifesto do Correlingua. Finalmente UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, un grupo de música infantil en galego, nos agasallou cun concerto no que gozamos moito.
Podedes ver máis información neste enlace: CORRELINGUA

domingo, 12 de mayo de 2019

XOGANDO A APRENDER A APRENDER

XOGANDO EN EF CO ALUMNADO DE 6º

O xoves día 9 os nenos e nenas  de 1º tiveron uns mestres e mestras de EF moi novos, nada menos que os rapaces e rapazas de 6º de primaria! Compartiron xuntos unha sesión especial de clase no ximnasio da escola. O alumnado de 6º, asesorado pola profe Silvia, creou de xeito cooperativo uns materiais de xogos con obxectos de refugallo. A clase comezou distribuíndo en forma de circuíto os materiais dos xogos por todo o espazo, a continuación colocáronse por equipos maiores e pequenos onde uns facían de mestres e outros de alumnos, ao final comentaron con alegría e entusiasmo a experiencia vivida. No vídeo pódese ver un pouquiño!

jueves, 2 de mayo de 2019

CONTOS CON VALORES

CONTOS CON VALORES

O alumnado de 1º traballou  na clase de valores sociais e cívicos o conto "POR CATRO ESQUINITAS DE NADA" de Jérôme Ruillier. Despois de ler e comentar o conto conseguiron, en diferentes sesións e en equipo, ilustralo e tamén escenificalo. Como final de tarefa, gravaron  un audio e  crearon un vídeo para darlle máis visibilidade á  Igualdade e a Diferenza entre as persoas. 
Este traballo gustoulles moito!!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...