BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 22 de septiembre de 2011

CURSO 2011/12

OLA A TODOS E TODAS!!! XA TEMOS UN ANO MAIS e pululando polos corredores de primaira hai cariñas novas, SON OS NENOS E NENAS DE DE 1º QUE SE INCORPORARON AO CENTRO DE PRIMARIA CON MOITA ILUSIÓN, curiosidade E ALEGRÍA. OS DE 2º SEGUEN AÍ SACANDO DE SI ESAS GANAS DE APRENDER QUE LEVAN DENTRO. BENVIDOS ao VOSO COLE, a pesar de haber tempos difíciles, TODOS XUNTOS IMOS CONSEGUIR QUE SEXA UN CURSO interesante, motivador, alegre e sobre todo importante para vós.

martes, 28 de junio de 2011

FESTA DA AUGA

E por fin chegou o último día!!! Os nenos e nenas estaban nerviosos, ledos... agardaban con impaciencia a FESTA DA AUGA! Como gozaron, que ben o pasaron! A sorpresa chegou co canón de escuma e cunha torta un tanto especial. Mirade as fotos e envexádenos!
Unha aperta forte aos nenos e nenas de que abandonan o noso ciclo e... ata o próximo curso!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a digital slideshow

jueves, 16 de junio de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

E por fin chegou o día: hoxe os nenos de 4ºA foron contarlle un conto aos nenos de 1ºA. Cada un contoulle o conto que elixira con moito agarimo para un dos peques do cole. Despois, os nenos e nenas de 1ºA, leron todos xuntos o "CONTÍN CONTÓN" e amosaron aos nenos de 4ºA o traballo que fixeran dese libro. Quedou precioso e aos maiores gustoulle moito o noso traballo!



miércoles, 15 de junio de 2011

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe, os nenos de 1ºB recibimos a tan esperada visita dos nenos de 4ºB para contarnos un conto a cada un de nós. Gustounos moito ver como os maiores nos contaban un conto con toda a súa ilusión. Ademáis, fixéronnos un agasallo a cada un: un debuxo do libro que nos contaron. Para finalizar, o noso contacontos Hugo Rodríguez aventurouse a contar a todos "CONTÍN CONTÓN". Fíxoo moi ben e pasamos un rato moi agradable.


Grazas e... ata outra!



lunes, 6 de junio de 2011

SAÍDA FIN DE CURSO

O mércores 1 de xuño o primeiro ciclo ao completo foi de saída de fin de curso a VIGO. Foi unha excursión moi completa xa que 1º fomos a ver un teatro en inglés no cine Salesianos chamado "NUMBERS, COLOURS & SONGS". Foi moi divertido xa que combinaban teatro con cancións e os decorados eran moi chamativos. Ademais entendimos moi ben os diálogos.


Ao saír de alí separámonos, e os de 1º foron ao MARCO e os de 2º ao VERBUM. Xuntámonos para comer en Samil e pola tarde fixemos do revés: os de 1º foron ao VERBUM e os de 2º ao MARCO.


As dúas actividades estiveron moi ben: no MARCO visitamos 3 instalacións de MARTIN CREED que imos lembrar sempre xa que unha delas era unha "piscina" de globos que colaboramos en encher e na que despois mergullámonos.


No VERBUM fixemos un percorrido guiado polo museo, respondendo distintas cuestións relacionadas coa lingua e cos medios de comunicación. Despois fixemos un obradoiro onde aprendimos sistemas de comunicación relacionada cos sentidos, como o sistema BRAILLE e traballamos nunha ficha moi interesante.


Na comida compartimos un rato moi agradable todos xuntos e despois fixemos xogos ao aire libre como o "pañuelo", saltamos á corda... Cando remataron as actividades da tarde voltamos para Bueu...


FOI UN DÍA PARA LEMBRAR!!!


Click to play this Smilebox slideshow








Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow made with Smilebox

viernes, 27 de mayo de 2011

CONTACONTOS ESPECIAL

Onte viñeron algúns rapaces e rapazas do instituto Johann Carballeira a contarnos dous contos: TÍO LOBO e ONCE DAMAS ATREVIDAS. Representáronos e fixéronnos rir a gargalladas. Agradecémoslles o seu esforzo e nós estivemos moi atentos. Despois os nenos buscamos o conto pola biblioteca para podelo ler na nosa casa. Ata o próximo ano!


TEATRO TARABELOS

O luns 23 de maio tivemos a 2ª sesión de títeres de TARABELOS. Esta vez representou O PAXARO MÁXICO, onde a través da súa protagonista Sabela fomos descubrindo un conto fantástico. Eran incríbles os decorados, os monicreques e todos os materiais que empregou Esteban que, ademais, eran feitos por el.




Nós despois fixemos uns debuxos para regalarlle.


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Customize a scrapbooking design

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...