BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 30 de enero de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para conmemorae o día da Paz o pasado venres 27 tivemos a ocasión de compartir a mañá cuns invitados moi especiais que forman parte da federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG).
Camilo contounos un conto en lingua de signos ,que é a súa forma natural de comunicación, entre tanto Eva e Liliana facían de intérpretes para que todos nos puidesemos entender.Tamén lle fixemos preguntas a cerca da vida cotiá das persoas xordas , aprendemos a dicir en lingua de signos algunhas palabras e nomes de animais, e a deletrear os nosos nomes cun alfabeto dactilolóxico.
Resultou unha experiencia interesante e moi gratificante para todos.





Moi atentos nun momento da charla.



Poñendo en práctica o que Camilo tentaba ensinarnos.



O luns día 30 fixemos a posta en común de todas as boas noticias que con axuda das nosas familias fomos recopilando ao longo do mes de xaneiro. Pódese ler unha selección delas na exposición que está no corredor do colexio.





Exposición de noticias no corredor do colexio.



Nenos e nenas do 1º ciclo lendo a noticia seleccionada no patio do colexio.





Como despedida cantamos as cancións WHAT A WONDERFUL WORLD e a RUMBA DAS APERTAS, e soltamos POMBAS para que leven, co seu voo, os nosos desexos de Paz por todo o
mundo.

lunes, 16 de enero de 2012

WHAT A WONDERFUL WORLD(LOUIS ARMSTRONG)

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro 2011 todos reunidos no patio do colexio leremos os titulares das noticias máis destacados e positivos do ano 2011 e entre todos faremos un canto a Paz.
Na nosa lingua cantaremos A RUMBA DAS APERTAS de Magín Blanco.





miércoles, 4 de enero de 2012

OBRADOIROS DE NADAL

O 21 de decembro, último día de clases antes das vacacións do Nadal, realizamos os xa tradicionais obradoiros, nos que poñemos a proba a imaxinación, as habilidades e a creatividade. Foi unha mañá repleta de actividades diversas, para as que contamos coa colaboración das familias, o que facilita a organización dos obradoiros, foi unha xornada diferente e divertida. MOITAS GRAZAS!.







Despois dos obradoiros esperamos un pouco impacientes aos Reis Magos que nos agasallaron cunhas lambonadas.







Para rematar a xornada fixemos a festa do Nadal degustando doces típicos e compartindo nunha gran mesa gran variedade de produtos.









martes, 20 de diciembre de 2011

CONCURSO LITERATURA MARIÑEIRA

Os nenos e nenas de 2º curso resultamos gañadores do 1º premio do concurso de literatura mariñeira convocado pola Confraría de Bueu co noso traballo PEQUENA OLLADA CARA O MAR DE BUEU. Hoxe martes fomos recibir o premio no Centro Social do Mar e como chovía tanto levamos a Ángel de 2º A e a Lucía de 2º B como representantes da clase para recoller o premio e o diploma que nos outorgaron.


Recibimos o premio no Centro Social do Mar.


Aquí celebrámolo con todos os compañeiros e compañeiras no centro.

domingo, 18 de diciembre de 2011

COÑECE BUEU

O Obradoiro de Emprego de Bueu colaborou co noso centro, a parte de decorar a entrada da nosa biblioteca, por certo, quedou preciosa!, ofreceulles aos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo diversas actividades que tiñan como obxectivo COÑECER BUEU. As actividades plantexadas foron lúdicas e activas polo que os nenos e as nenas por medio de xogos como Twister, adiviña que?, de búsqueda, clasificación, construción, etc aprenderon cultura mariñeira, descubriron lugares importantes de Bueu e coñeceron o nome de edificacións populares(cruceiro, hórreo...). Pasaron un momento de aprendizaxe divertido. Moitas Grazas pola colaboración. Mirade algunhas fotos.


viernes, 16 de diciembre de 2011

CROSS ESCOLAR

O venres 9 de decembro participamos no Cross Escolar invitados polo Concello de Bueu e organizado en colaboración cos centros escolares da comarca. Na nosa categoría obtivemos dous premios, o terceiro premio en feminino foi para Lucia Portela de 2º B e o primeiro premio masculino para Adrián Piñeiro tamén de 2º B. NORABOA!!! Aquí podedes ver as fotos da actividade.


jueves, 8 de diciembre de 2011

POSTAIS DE NADAL 2011

Aquí podemos ver as postais de NADAL dos nenos e nenas de 1º e 2º, realizadas en colaboración coa súa familia.Mirade que bonitas quedaron! Na entrada do colexio pódese visitar a exposición, está moi fermosa. Si non as ves usa outro explorador pódelo conseguir premando neste enlace



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...