BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 14 de marzo de 2012

A PANTASMA DO PALCO

Onte fomos ver unha obra de teatro-musical ao auditorio de Novacaixagalicia de Pontevedra. A obra gustounos moito pola súa orixinalidade e rimos a gargalladas en moitas ocasións. Aquí tendes un vídeo para que vexades que obra tan divertida. Tamén podedes ver estas fotos.


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Digital scrapbook made with Smilebox

jueves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora.


Coa fin de conmemorar este día, no cole fixemos uns traballos de investigación sobre mulleres que foron importantes ao longo da historia, xa que grazas a elas cambiou ou mellorou a vida dos demáis. Con estes traballos imos facer un mural no corredor do cole.


Aprendemos a vida de mulleres tan importantes como: María Montessori, Gloria Fuertes, Clara Campoamor, Shirine Badi, Dian Fossey, Ada Augusta Byron... Pronto teredes fotos de todos os traballos do ciclo.


Noraboa mulleres!

viernes, 2 de marzo de 2012

SALÓN DO LIBRO

Mañán, 4 de marzo, dará comezo o 12+1 Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, adicado ás supersticións. Durará até o 31 de marzo e estará cargado de actividades variadas para os nenos e nenas como obradoiros, teatro, música, danza, exposicións, visitas de autores, contacontos... Será no Pazo da Cultura e, se queredes ver o programa, premede neste enlace. Recomendámolo!

viernes, 24 de febrero de 2012

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe é o día de Rosalía de Castro e no cole traballámolo con moitas actividades sobre esta ilustre autora galega. Premede sobre a imaxe e veredes...



Se premades aquí tamén podedes aprender máis sobre Rosalía de Castro.

jueves, 23 de febrero de 2012

ENTROIDO

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido disfrazados de rei Arturo co xa tradicional pasarrúas por Bueu, seguido das actuacións na praza do Concello e, de volta ao cole, a merenda dos postres típicos elaborados polas nosas familias (umm, que ricas as filloas, orellas, flores...) Foi un día divertido no que revivimos a Idade Media.



Aquí van algunhas das fotos que fixemos.



miércoles, 15 de febrero de 2012

Para seguirvos axudando nesta aprendizaxe das táboas de multiplicar, aquí tendes uns vídeos cantados por Miliki. Premede sobre a táboa que queirades escoitar e xa veredes como aprender así é moi divertido!


Táboa do 1
Táboa do 2
Táboa do 3
Táboa do 4
Táboa do 5
Táboa do 6
Táboa do 7
Táboa do 8
Táboa do 9
Táboa do 10

TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Estudar a táboa tamén pode ser algo divertido, se premes na imaxe pódela aprender e tamén comprobar canto sabes.




Neste enlace tamén podes aprender a táboa xogando. Non te rindas, este outro enlace xa é un pouco máis difícil, pero seguro que o superas, compróbao!.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...