BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 25 de octubre de 2012

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL

Hai uns días tivemos a visita do grupo Retrouso, que nos ensinou os instrumentos tradicionais da música galega, cantáronnos melodías populares e bailamos danzas galegas. Ao final fixeron un concurso e regalaron camisetas aos que adiviñaron.
Grazas Retrouso, pasámolo moi ben!



ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Onte 24 de outubro celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES", que coincide co ANIVERSARIO DE PAPIRUS: a mascota da nosa biblioteca.
Cando fomos ao Bibliocastelo a felicitalo levamos unha gran sorpresa: estaba Papirus e contounos un conto!!! Como este ano estamos traballando os contos populares contounos "Os tres porquiños". Algún de nós tiña un debuxo para agasallar a Papirus e el deunos tamén un agasallo: unha bolsiña de lambetadas. Cantámoslle o "Cumpleaños feliz" e despois fixémonos unha foto xuntos con el.
Despois, nas clases, fixemos debuxos sobre o conto que nos contou.
PARABENS PAPIRUS E ATA O PRÓXIMO ANIVERSARIO!






miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVIDOS NENOS E NENAS DE 1º

Hoxe comezou o curso. Os nenos e nenas de 1º estaban moi nerviosos por ir coñecer o que vai ser o seu colexio durante 6 anos, as profes novas, por volver a ver aos compañeiros...
Despois de moito balbordo, organizáronse e subiron ás aulas. Alí fixeron xogos para coñecer os seus nomes e colorearon tarxetas para poñer nos percheiros e nas carpetas. Despois fixeron un percorrido polo colexio e, como quen non quere a cousa, rematou a mañá.
Mirade unha pequena mostra do que fixemos:


viernes, 29 de junio de 2012

VISITA DOS NENOS DE 5 ANOS AO SEU FUTURO COLEXIO

Na última semana de cole recibimos unha visita moi especial: os nenos de 5 anos viñeron visitar o que vai ser o seu colexio durante os próximos anos e as súas futuras profes: Rosa e Marta. Durante a visita estiveron vendo as aulas, o patio do 1º ciclo e o Bibliocastelo con Papirus. Para que lles quedara un bo recordo do colexio de Primaria, o alumnado de 2º curso cantoulles o conto: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e agasallaron ós pequenos cunhas piruletas feitas por eles con plastilina e outras de verdade.

Benvidos rapaces, vémonos despois do verán!

jueves, 28 de junio de 2012

ÚLTIMO DÍA

O 22 de xuño foi o último día de cole. Foi un día tranquilo xa que estivemos xogando nas aulas e no patio, despois foi a entrega de premios do concurso "Que sabes de Valentín Paz Andrade?" e finalmente celebramos unha merenda nas aulas.
Noraboa aos gañadores do concurso:
María Vilas Otero, David Fernández Entenza, Paula Escribano Cabaleiro, Javier Santos Rodal e Miguel Calviño de 1º curso.
Lucía Portela Fernández, Julio Pastoriza Gallego, Sergio Macías Pazos e Martín Barcia de 2º curso.











TEATRO FIN DE CURSO

O xoves 21 fomos todo o alumnado do colexio ao Centro Social do Mar a ver unha obra de teatro chamada "Un avó especial" do grupo MIGALLAS. Foi unha obra emocionante á vez que divertida onde se trataba con moito agarimo a enfermidade do Alzheimer a través dos personaxes de Rosiña e o seu avó, Manuel.


Se queredes ver algún fragmento da obra, botade unha ollada ao blog do BIBLIOCASTELO.

domingo, 24 de junio de 2012

TRABALINGUAS

Durante o terceiro trimestre, o alumnado de 2º curso traballou os xogos de palabras ou trabalinguas. Fixeron un traballo de investigación e co resultado crearon un libro para o Bibliocastelo. Mirade que bonito quedou!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...