BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 28 de mayo de 2014

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Hoxe visitou o Bibliocastelo un autor e ilustrador de cómic galego chamado: JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. É o autor do libro que lemos este trimestre: MARCOPOLA. Este libro é un cómic que nos encantou a todos pola súa historia e debuxos. 
 Jacobo explicounos como fai os seus debuxos, falounos da 2ª e 3ª parte da historia, que xa estamos desexando ler! Debuxounos algúns dos seus personaxes e asinou os nosos libros cun pequeno debuxo para cada un. Ao final pediunos que debuxaramos un compañeiro de aventuras para Marcopola, a illa remeira. Nós agasallamos a Jacobo con dous murais feitos cos nosos debuxos que lle gustaron moito.
Grazas por vir, aprendemos moito contigo!!!
Premede no vídeo para ver as imaxes:

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO by Slidely Slideshow

martes, 13 de mayo de 2014

CORRELINGUA

Hoxe celebramos o CORRELINGUA polas rúas de Bueu. Trátase dunha marcha de escolares dos centros do Morrazo reivindicando a nosa lingua e cultura. Este ano tiña como lema: O GALEGO, SEMPRE UN PASO ADIANTE.
Un ano máis reunímonos todos na praza do Concello e fixemos o percorrido a ritmo de cantigas tradicionais: "A rianxeira", "Ven bailar Carmiña" e "A saia da Carolina". Así foi moito máis ameno. Ao chegar de novo á praza tomamos unha parva e de seguido empezou o concerto de Pablo Díaz e a súa banda, onde cantaron cancións dos seus discos "Tic-tac" e "Toc-toc".
Durante toda a mañá levamos postas as nosas camisetas decoradas con palabras en galego e un broche que fixemos na clase en forma de bocadillo de cómic coa mensaxe: PRÉNDETE AO GALEGO.
Se queredes ver todas as imaxes deste día, premede neste vídeo.


Para ver máis información e imaxes sobre este día, podedes visitar o blog da biblioteca:
BIBLIOCASTELO.

viernes, 9 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Xa que abril é o mes da lectura e maio o mes da nosa lingua, hoxe fixemos unha actividade que combinaba as dúas cousas: os APADRIÑAMENTOS LECTORES.
Na hora de ler, o alumnado de 2º achegámonos ao colexio de Infantil onde nos agardaba o alumnado de Infantil de 4 anos xunto coas súas profes Tania e Xisela para escoitar os nosos contos.
A historia que lles lemos foi MARCOPOLA, un cómic de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO que estamos traballando este curso. Os rapaces de 4 anos portáronse xenial e escoitaron as aventuras da illa viaxeira con moita atención.
Para rematar cantámoslles a cantiga: A SAIA DA CAROLINA. Eles cantáronnos TOC-TOC de Pablo Díaz e agasalláronnos cun palote para cada un.
O día 22 virán os rapaces de 5º a contarnos un conto a nós, agardamos con impaciencia ese día, mentres tanto... PREMEDE NO VÍDEO!


viernes, 11 de abril de 2014

APRENDENDO AS BALEAS

Hoxe fomos ao Museo Massó a participar nun obradoiro sobre AS BALEAS. Aprendemos moitas cousas sobre a súa pesca, extracción, utilidades da súa carne e graxa... e curiosidades como que en Bueu hai uns anos pescábanse baleas!!!
Tamén visitamos a lancha XEITEIRA, que utilizaban para a salazón e na planta superior vemos instrumentos mariñeiros, diversas representacións do mundo e moitas maquetas de barcos como as carabelas que levou Colón cando descubriu América.
Finalmente fixemos uns debuxos colectivos representando unha balea en cautiverio e outra en liberdade e reflexionamos sobre cal sería máis feliz e porque.
Gustounos moito. Grazas pola visita!
Premede na balea para ver as fotos deste día.


miércoles, 26 de marzo de 2014

TEATRO EN INGLÉS


Hoxe fomos ao Auditorio de Cangas xunto con outros rapaces e rapazas do Morrazo para ver unha obra de teatro en inglés: THE EMPEROR'S NEW SUIT da compañía "HAZ TEATRING!"
Estivemos traballando o vocabulario e as cancións nas horas de plástica e nas de inglés durante os días previos á actuación polo que alí cantamos e gozamos moitísimo.
Premede neste enlace para ver fotos e vídeos da saída:


http://ourspecialfunnyworld.blogspot.com.es/2014/03/the-emperors-new-suit.HTML

viernes, 14 de marzo de 2014

COÑECENDO A GLORIA FUERTES

Hoxe houbo un contacontos especial no BIBLIOCASTELO sobre GLORIA FUERTES. Premede neste enlace para saber máis:



viernes, 7 de marzo de 2014

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

Hoxe recibimos a visita de dous afamados ilustradores de Bueu: Marc Taeger e Luis Davila. Viñeron invitados pola ANPA a ensinarnos como crear un personaxe de cómic para participar nun concurso que creou a ANPA. Podedes ver as bases do concurso premendo neste enlace:
A primeira parte do obradoiro consistiu nunha charla na que nos explicaron a evolución do cómic e unha presentación cos personaxes de cómic máis característicos. Podedes ver aquí a presentación:


Despois cada un deles debuxou un personaxe inventado que podería ser protagonista dun cómic. Mirade neste video como crearon a SUPERPEPUCHA, unha heroina local que pode facer 148 cousas nunha mañá e a PEPE 125, un heroe que pode facer 125 cousas só apretando os botóns do seu mando a distancia.


Foi unha experiencia xenial e estamos todos moi animados a participar no concurso e crear moitos personaxes. Grazas Marc e Luis, volvede cando queirades!



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...