BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 23 de marzo de 2018

Somos cociñeiros.

Hoxe como era o último día antes das vacacions de Semana Santa, os nenos de primeiro convertemos a clase nunha cociña, na que fixemos bica, galletas e madalenas; pasámolo tan ben que xa estamos desexando repetir.

Estaba todo tan bo que non quedou nin a proba para as profes; pero como levamos as receitas para a casa agora podemos facelas coa axuda dos nosos pais. 

Gozade moito do merecido descanso.







Moitas grazas Laura

Hoxe foi un día algo triste porque a nosa profe Laura remataba as prácticas e tocounos chorar un pouquiño; ímola botar moito de menos e seguramente ela tamén a nos. Entre todos regalámoslle un coxín cos nosos debuxos impresos para que non nos esqueza. Aínda que sabemos que eso non vai acontecer e nos a ela tampouco. Moitas grazas Laura. Un bico moi forte.


Facendo as carpetas

Esta semana traballamos a reo para facer as portadas das nosas carpetas con todas as fichas do trimestre. A verdade e que nos quedaron moi ben e gozamos moito facéndoas; espero que a vos tamén vos gustaran. Aquí tendes unha pequena mostra dese día.








viernes, 16 de marzo de 2018

Visita á Praza de abastos

O martes os nenos e nenas de primeiro tivemos unha saída á praza de Bueu, onde puidemos contemplar a gran variedade de peixes e mariscos, tanto de altura como de baixura.

Os praceiros e praceiras explicáronnos moitas curiosidades, tiveron moita paciencia con nós, e ata nos regalaron piardas. Algunhas das cales abrímolas na clase, outras coméronas as gaivotas no patio e ata houbo algunha que chegou as tixolas das nosas casas.

Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.



miércoles, 7 de marzo de 2018

A medida

Estes días andamos a voltas coas regras, os metros, os palmos, os pes... todo para traballar as medidas. Hoxe medímonos todos, foi moi divertido e aprendemos moito.

viernes, 2 de marzo de 2018

O Corpo Humano

Como xa sabedes, no cole estamos a aprender as partes do noso corpo, xa case as sabemos todas e hoxe escribímolas nestes preciosos murais, que fixemos en equipo.



domingo, 25 de febrero de 2018

Rosaliando no CEIP A PEDRA

O venres 23 de febreiro quixemos achegarnos un pouquiño máis á obra de Rosalía coa fin de homenaxeala no día do 181 aniversario do seu nacemento. Xuntos recitamos un poema que está relacionado co proxecto de dinamización interna "UNHA ENCHENTE DE CONTOS". Trátase do primeiro poema do libro CANTARES GALLEGOS "HAS DE CANTAR MENIÑA..." Cada un fíxoo dun xeito, pero todos estiveron xenial. Aquí vemos aos grupos de segundo de primaria.








Os de primeiro despois de varias tomas, eliximos estas:




Se queremos ver algo máis premade na imaxe





LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...