Hoxe fomos a ver un teatro en inglés ao salón de actos do Instituto Johan Carballeira. Alí esperábannos os STORYTELLERS, que nos representaron en inglés e de xeito moi divertido algúns anacos de contos que xa coñecemos como Rapunzel ou Peter Pan.
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
lunes, 11 de marzo de 2019
viernes, 1 de marzo de 2019
DEREITO AO ENTROIDO!
Este ano o Entroido na Pedra versou sobre os DEREITOS HUMANOS.
O alumnado de 1º eliximos traballar un personaxe moi concienciado co tema: MAFALDA.
Os de 2º elixiron o Dereito número 15: TODA PERSOA TEN DEREITO A UNHA NACIONALIDADE E A CAMBIAR DE NACIONALIDADE.
Puxémonos mans á obra durante o mes de febreiro e, grazas á colaboración das familias conseguimos elaborar uns traxes chulísimos de Mafaldas e Bandeiras de distintos países.
Ademais creamos e aprendemos unha canción para a nosa comparsa: AS MAFALDAS ABANDEIRADAS que entoamos con moito ritmo na praza Massó despois do pasarrúas por Bueu.
Neste vídeo podedes ver o resultado do noso traballo e ao final escoitaredes a nosa interpretación!
Neste vídeo podedes ver o resultado do noso traballo e ao final escoitaredes a nosa interpretación!
Etiquetas:
DEREITOS HUMANOS,
ENTROIDO
martes, 26 de febrero de 2019
SACHANDO CONTOS CON TARABELOS!
Hoxe, o alumnado de 1º B tivemos a grandísima sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS. Trátase do SACHACONTOS, unha combinación de debuxo, imaxinación, creatividade e diversión guiada polo contacontos Esteban.
Ao longo da sesión fixemos un debuxo cada un que se convertiron nunha historia, creamos monstros, robots, persoas e animais con moitos ollos, brazos e orellas (tal e como nos decían os dados) e aprendemos a sachar contos.
Gustounos moitísimo e agradecémoslle a Esteban que pensara en nós para levar a cabo esta actividade tan proveitosa. Desexámoslle moitos éxitos!
Etiquetas:
ACTIVIDADES CON CONTOS,
CONTACONTOS,
CONTOS CREADOS
sábado, 23 de febrero de 2019
ROSALIANDO DEREITOS
Este ano, para celebrar o Día de Rosalía estivemos traballando nas aulas o poema PRA HABANA, que nos fala da emigración a Cuba e que está incluído no libro Cantares Galegos. Deixámosvos unha pequena mostra dos alumnos de 2º A e 2º B recitando o poema.
jueves, 21 de febrero de 2019
ROSALIANDO DEREITOS
O día de ROSALÍA 2019 celebrámolo na escola recitando e gravando o poema PRA HABANA! de Cantares Galegos. Na nosa intención está coñecer cada ano un pouquiño máis a poeta maior de Galicia: lendo, recitando, cantando, debuxando... os seus poemas. Neste vídeo ROSALIANDO DEREITOS queda unha pequena mostra do que fixeron o alumnado de 1ºA e 1ºB.
martes, 19 de febrero de 2019
OS ELECTRECOS
Xove veu ao Bibliocastelo o Doctor Nillo (Ator Nillo)😉 para explicarlle ao alumnado de 1º que facer cos RAEE: Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. A través dun vídeo dos Bolechas descubrimos que os aparellos vellos non se poden tirar ao lixo nin deixar polos montes e ríos, senón que hai que reutilizalos, levalos a un punto limpo ou pedir que nolo recollan nos puntos de venda.
O Doctor Nillo ensinounos unha canción, fixo un concurso e deunos un montón de agasallos e un libro dos Bolechas. O que máis nos gustou foi o carnet de colaborador dos Electrecos!
Podedes consultar moita máis información neste enlace: ELECTRECOS.
A partir de agora teremos máis conta do que tiramos. Grazas Nillo!!!
Etiquetas:
BIBLIOCASTELO,
CIENCIA,
VISITAS
jueves, 31 de enero de 2019
VISITA POLA PAZ
Hoxe, o alumnado de 1º tivemos unha visita moi especial. O pai de Daniel de 1ºB veu contarnos unha parte da súa experiencia no Líbano e aproveitando o tema deste curso, descubrimos que nese país non sempre se respectan os Dereitos Humanos pois hai nenos que traballan e non van á escola, viven en lugares pechados dos que non se lles permite saír como se foran gaiolas, non hai acceso libre á educación e sanidade...
Julio demostrounos que somos uns privilexiados por ter todo o que temos e que debemos axudar a construir a Paz como fai el xunto cos seus compañeiros. Moitísimas grazas pola túa experiencia!
Etiquetas:
BIBLIOCASTELO,
DEREITOS HUMANOS,
VISITAS
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






















