BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

lunes, 22 de abril de 2019

METEOESCOLAS 2019

Durante os meses de marzo e abril, o alumnado de 1º estivemos recollendo os datos da estación meteorolóxica. Tivemos a sorte de atopar todo tipo de fenómenos meteorolóxicos: chuvia, vento, sarabia, trebóns, arco da vella... Observamos tamén a lúa e aprendemos as súas fases.
Finalmente, rexistramos todos os datos no recuncho do Bibliocastelo destinado ás Meteoescolas. Gustounos tanto observar o tempo que estamos desexosos de que a Meteocaixa volva ás nosas aulas.










jueves, 11 de abril de 2019

COÑECENDO BUEU

Hoxe o alumnado de 1º fixemos unha saída cultural por Bueu. Primeiro fomos ao Museo Massó onde realizamos unha pequena visita polas distintas salas e tamén un obradoiro moi interesante chamado "Mensaxe nunha botella" no que aprendemos o importante que é coidar os nosos océanos para salvar o planeta.
Ao saír, fomos ata a praza de abastos. Alí esperábannos os praceiros e praceiras, ensináronnos moitos peixes distintos, mariscos, carnes e ata froitas e verduras. Para rematar a visita preparáronnos unha merendola na planta superior con produtos da praza: froitas e pans variados. Comémolo todo!
Ao chegar ao cole, debuxamos a praza tal e como a vimos cada un de nós.
Agradecemos a colaboración a Marta Campos e a todas as persoas que traballan na praza de Bueu.











martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, conmemoramos o DÍA DO AUTISMO primeiro lemos na clase un libro sobre un neno autista, Dani, que nos axudou a comprender a estas persoas que están entre nós. 
Despois do recreo fixemos unha representación do símbolo do infinito. Cada clase puso o seu graniño de area coa colocación dun pequeno triángulo. Despois colgamos o cartel da fachada do cole para visibilizar este trastorno, cada vez más frecuente.





lunes, 11 de marzo de 2019

TEATRO EN INGLÉS

Hoxe fomos a ver un teatro en inglés ao salón de actos do Instituto Johan Carballeira. Alí esperábannos os STORYTELLERS, que nos representaron en inglés e de xeito moi divertido algúns anacos de contos que xa coñecemos como Rapunzel ou Peter Pan.
Os actores fixéronnos colaborar con eles e a verdade é que entendimos perfectamente o que tiñamos que facer e de que trataba a obra. Pasámolo xenial e aprendemos moito!








viernes, 1 de marzo de 2019

DEREITO AO ENTROIDO!

Este ano o Entroido na Pedra versou sobre os DEREITOS HUMANOS.
O alumnado de 1º eliximos traballar un personaxe moi concienciado co tema: MAFALDA.
Os de 2º elixiron o Dereito número 15: TODA PERSOA TEN DEREITO A UNHA NACIONALIDADE E A CAMBIAR DE NACIONALIDADE
Puxémonos mans á obra durante o mes de febreiro e, grazas á colaboración das familias conseguimos elaborar uns traxes chulísimos de Mafaldas e Bandeiras de distintos países.
Ademais creamos e aprendemos unha canción para a nosa comparsa: AS MAFALDAS ABANDEIRADAS que entoamos con moito ritmo na praza Massó despois do pasarrúas por Bueu.
Neste vídeo podedes ver o resultado do noso traballo e ao final escoitaredes a nosa interpretación!

martes, 26 de febrero de 2019

SACHANDO CONTOS CON TARABELOS!

Hoxe, o alumnado de 1º B tivemos a grandísima sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS. Trátase do SACHACONTOS, unha combinación de debuxo, imaxinación, creatividade e diversión guiada polo contacontos Esteban.
Ao longo da sesión fixemos un debuxo cada un que se convertiron nunha historia, creamos monstros, robots, persoas e animais con moitos ollos, brazos e orellas (tal e como nos decían os dados) e aprendemos a sachar contos.
Gustounos moitísimo e agradecémoslle a Esteban que pensara en nós para levar a cabo esta actividade tan proveitosa. Desexámoslle moitos éxitos!








sábado, 23 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

Este ano, para celebrar o Día de Rosalía estivemos traballando nas aulas o poema PRA HABANA, que nos fala da emigración a Cuba e que está incluído no libro Cantares Galegos. Deixámosvos unha pequena mostra dos alumnos de 2º A e 2º B recitando o poema.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...