Onte fomos celebrar o Correlingua que nesta 3ª edición celebrouse en Moaña. Saímos do cole en autobús xunto cos nenos de 3º e 4º curso e infantil de 3 anos. Unha vez alí, xuntámonos cos nenos doutros coles do Morrazo: Cangas, Bueu, Marín e Moaña. Despois chegou a marcha, na que fixemos moito balbordo coas nosas botellas decoradas. Cando chegamos á praza do palco da música merendamos, tomamos leite e por fin... o concerto de PESDELÁN! Cantamos e bailamos ao son da música e pasou o tempo voando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario