Onte fomos visitar Cabo Udra. Ás 10, os autobuses deixáronnos en Chans de Sequeiros. Dividímonos en dous grupos. Anxo acompañou a 1º, Miguel a 2º e comezamos a caminata. Polo camiño faciamos paradas para recibir algunha explicación sobre as paisaxes, a flora e a fauna. O día estaba moi despexado mais algúns recodos do camiño estaban bastante mollados. Pasámolo moi ben saltando por riba dos charcos!!! Cando chegamos á Aula da Natureza xuntámonos cos compañeiros, merendamos, descansamos e visitamos a Aula. Alí fixemos unha ficha, déronnos unha explicación de enerxias renovables e despois emprendimos o camiño de volta aos autobuses. Xogamos un pouquiño e finalmente voltamos ao colexio. Foi un día moi divertido no que aprendemos un pouquiño máis da localidade onde vivimos. Grazas a Miguel e Anxo por explicarnos todo tan ben!
gustoume moito que levárades os nenos a cabo udra. Viñan moi ilusionados e contentos. Para eles foi un experiencia maravillosa. A miña nena trouxo recordos, unhas follas de eucalipto que cheiraban moi ben. Gracias Profes. ara
ResponderEliminar