BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 27 de junio de 2013

UNHA AVENTURA MONSTROSA

Velaquí tedes o resultado do Conto Viaxeiro que creamos entre todos os rapaces do colexio. Comezou polos peques de Infantil e ía pasando de aula en aula ata chegar a 6º. Ao final quedou un conto cheo de aventuras, intrigas, pócemas... LEDE, LEDE!

miércoles, 19 de junio de 2013

A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA

Durante este trimestre lemos o libro: A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA da editorial Edebé e fixemos moitas actividades relacionadas co conto.
- Aprendemos a retahila de memoria.
- Fixemos un mural na entrada do cole.
- Debuxamos os insectos.
- Escribimos o nome dos bichos.
- Fixemos moitas series de insectos por todo o corredor.
E, como colofón, o martes recibimos a visita de Benxamín Míguez Novoa, quen nos contou e ilustrou unhas historias fantásticas nas que aparecían animais extraños, monstruos medorentos e algúns nenos do cole!!!
Mirade o resultado de todo este traballo!






lunes, 10 de junio de 2013

UNHA HORA DE LER ESPECIAL

O venres pasado, o alumnado de 1º curso tivemos unha HORA DE LER especial: rapaces e rapazas do instituto Johann Carballeira, acompañados polo seu orientador viñeron contarnos contos.
En 1º A:

JOHANA narrou POLGARIÑO


 ISABEL leu A SEREÍÑA



En 1º B:
ICÍAR contou A BELA ADORMECIDA



e MARTÍN, OS SETE CABUXOS.





Ao rematar, nós recitámoslle a retahíla de "A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA" e deixámoslle impresionados coa cantidade de nomes de insectos que sabemos!!!
GRAZAS A TODOS POLA VOSA VISITA E ATA O ANO QUE VÉN!

domingo, 9 de junio de 2013

VISITA DE VIOLETA MONREAL

E por fin chegou... Fíxose esperar mais pagou a pena... O xoves despois do recreo fomos ao Bibliocastelo e... a que non sabedes quen estaba alí con Papirus? Pois si, non era outra que VIOLETA MONREAL!
É unha muller fantástica que nos deixou a todos abraiados. Tiña unha forma de falar e traballar que transmitía tranquilidade, polo que estivemos todos moi moi atentos ao que facía.
Mentres falaba ía dando forma a moitos papeis de cores e de regalo que levaba na súa maleta e pouco a pouco foi construíndo unha MENINA preciosa, que quedará para sempre no noso Bibliocastelo.






Con ela aprendemos cousas tan importantes como que os traballos hai que revisalos e corrixilos antes de que outro nolo corrixa. Tamén dixo que o traballo que facemos é para nós e non para agradar aos demais. Preguntámoslle moitas cousas e díxonos que era feliz, que lle encantaba o seu traballo e que non lle ensinou ninguén senón que aproveitou a súa afección por gardar cousas e o seu gusto por debuxar para descubrir a súa paixón: a ILUSTRACIÓN.



Pedímoslle que nos asinara os nosos libros e tamén os que creamos para ela. Ademais agasallounos cun "recordo para sempre".



Cando volvemos ás clases tratamos de imitala debuxando ou facendo a menina con papeis de cores. Fixémolo realmente ben!




GRAZAS E ATA SEMPRE VIOLETA, NON TE ESQUECEREMOS!



sábado, 8 de junio de 2013

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2012/13

Un día de Sol, un día diferente, un día inesquecible, o día da excursión de fin de curso, martes 4 de xuño 2013.
Foi unha xornada para aprender de forma lúdica, participativa, dinámica e en contacto coa NATUREZA. Observamos moi de cerca as árbores, os arbustos, as plantas e moitos "bichos" propios do noso entorno, valoramos un pouquiño máis o importante que é para nós coidar, respectar e gozar da paisaxe natural.
Se queredes ver canto gozamos, compartindo unha xornada diferente cos nosos compañeiros e compañeiras e tamén coas nosas mestras, premede no vídeo. 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...