O venres pasado, o alumnado de 1º curso tivemos unha HORA DE LER especial: rapaces e rapazas do instituto Johann Carballeira, acompañados polo seu orientador viñeron contarnos contos.
En 1º A:
JOHANA narrou POLGARIÑO
ISABEL leu A SEREÍÑA
En 1º B:
ICÍAR contou A BELA ADORMECIDA
e MARTÍN, OS SETE CABUXOS.
Ao rematar, nós recitámoslle a retahíla de "A TEA DE ARAÑA QUE TODO O APAÑA" e deixámoslle impresionados coa cantidade de nomes de insectos que sabemos!!!
GRAZAS A TODOS POLA VOSA VISITA E ATA O ANO QUE VÉN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario