Hoxe foi a excursión de fin de curso do 1º ciclo. Este ano tocounos visitar Pontevedra en profundidade. Así nolo conta un rapaz de 2º curso:
"Hoxe levanteime pola mañá e fun ao colexio. Agardábanme os meus compañeiros para ir á excursión de fin de curso. Subimos ao autobús e fomos a Pontevedra a visitar o museo. No museo guiounos Luisa. Despois tiñamos que encontrar a Martiño nas oito salas de pintura e atopámolo na oitava sala. Máis tarde merendamos e visitounos unha rapaza pequena. Fomos en tropel con Roberto, quen nos ensinou moitas prazas. Ao rematar fomos á Illa das Esculturas e comemos e cando rematamos, os nenos e nenas xogamos no parque. Logo fomos a Seixo a ver unha película chamada DONKEY XOTE no cine. Finalmente subimos ao autobús e chegamos ás nosas casas."
Se o queredes ver detalladamente, premede no vídeo:
Que felices se ven!!! Gracias profes!!! ara.
ResponderEliminarVerdadeiramente foi unha excursión na que os rapaces gozaron e aprenderon moito. Moitas grazas por seguir o noso blog!
ResponderEliminar