E por fin chegou o último día do curso! Parece que hai pouquiño que comezamos pero xa pasou o tempo e traballamos tanto.... que xa nos merecemos un descanso!
Hoxe invitáronnos os compañeiros de 3ºA a ver dúas representacións teatrais: O ESPANTALLO AMIGO (a partir dun libro que leron ao longo do curso) e A ÚLTIMA CEA (representando o cadro de Leonardo da Vinci) Fixérono xenial!
Despois xogamos un ratiño no patio e merendamos todos xuntos na aula de 1º A compartindo cos compañeiros un montón de doces e lambetadas. Mmmm!
Finalmente, no patio dos maiores, asistimos á entrega de premios dos concursos celebrados ao longo do curso, entre eles o organizado polo Día das Letras Galegas: Que sabes de Xosé Filgueira Valverde? onde resultaron premiados: Álvaro, Lara e Paola de 1º e Miguel, Aitana e... de 2º
Finalmente todos volvimos ás aulas para despedirnos ata o ano e tamén da PROFE CARMEN, que despois de moitos anos de traballo, tócalle darse un descanso e gozar dunha vida máis tranquila.
Ata sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario