BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 9 de marzo de 2016

SAÍDA PONTEVEDRA

O xoves 3 de marzo, o alumnado de 1º e 2º, saímos de excursión a Pontevedra. 
Primeiro fomos visitar o PAZO DE LOURIZÁN onde Agustín explicounos con moita paciencia a historia do magnífico Pazo e sobre todo o marabilloso xardín botánico que conserva.


Esta é a fonte dos espellos.

Esta palmeira chamounos a atención por ter as raíces dentro da fachada do Pazo.

Para facer esta mesa de pedra de 6 metros, trouxeron unha soa peza de granito da Illa de Ons. Aquí celebraba Montero Ríos reunións importantes, pois chegou a ser presidente do goberno.

Esta árbore é unha sequoia, chamounos a atención a súa corteza pois parece pelo e por iso chámanlle árbore mamut. Esa pel é ignífuga. Esta era unha cría, só tiña 80 anos.

Atravesamos pontes e charcas para poder chegar á cova da fervenza, entramos dentro dela pero non tivemos medo do ogro!



Nos xardíns do Pazo de Lourizán hai unha estación meteorolóxica, máis completa ca do noso cole, tiña barómetro, anemómetros e 3 pluviómetros!  A recollida deses datos é automática e chega a Meteogalicia diariamente.


Tomamos unha parva ao lado dun hórreo grandísimo que hai alí con vistas á ría de Pontevedra.


Despois montamos nos autobuses, que nos levaron a Pontevedra, ao auditorio de AFUNDACIÓN, para ver á compañía FANTOCHES BAJ co seu espectáculo de teatro-musical RODARIRRODARI. 
Ao finalizar volvimos a Bueu e chegamos á hora de marchar a comer. Foi un día estupendo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...