En abril augas mil.
A lúa de outubro sete
meses cubre e se chove,
nove.
Marzo ventoso e abril
chuvioso
fan a maio florido e
fermoso.
Marzo marzolo trebón na
gaiola.
Abril un bo entre mil.
Despois do mal tempo
nebliña ata o bo tempo
camiña.
Febreiro coas súas febres
cos seus días vinte e oito
máis de catro non quedarían
nin can nin gato.
Ata o corenta de maio
Non quites o saio
A semana de Ramos lava os
teus panos
que na da Pasión choverá ou
fará sol.
Setembro ou seca as fontes
ou leva as pontes.
Se marzo maiea, maio marcea.
O sol de marzo queima a dama
no pazo.
Cando chove e vai sol sae o
arco do señor.
Ovelliñas no ceo charquiños
no chan.
En abril augas mil
que durmas en paz e en
liberdade.
Norte no mollado
chuvia de contado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario