O martes día 31 de maio levamos unha sorpresa incrible: había un PLANETARIO no cole!!!
Non é broma, a fundación A Caixa prestounos durante unha semana un planetario móbil. Dentro del puidemos ver unha película moi interesante sobre o espazo, onde explicaban cousas tan interesantes como o significado das constelacións do zodiaco, que hai estrelas xigantes ou por que a Semana Santa cambia de datas cada ano...
Ao rematar contamos todas as nosas impresións, que foron moitas e marchamos abraiados. Grazas profe Lina, foi unha actividade xenial!
Se queredes saber máis, premede AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario