O 4 de outubro recibimos no cole a asociación de música tradicional Retrouso coa que nos divertimos todos moito. Ensináronnos diferentes tipos de instrumentos como a gaita e as súas partes, a pandeireta e as coñecidas botellas de anis e cunchas de vieiras. Grazas a moitos obxectos cotiáns, podemos facer música. Que se cos ocorre? Bueno, pensade un pouquiño e xa nos contaredes no cole. Mentres tanto, escoitade a arte destas rapazas con músicos voluntarios de 1º, 2º e 3º. Un gustazo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario