BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 17 de mayo de 2017

MENUDO DÍA!!

  Onte celebramos por adiantado o Día das Letras Galegas. A verdade, foi toda unha festa da lingua: cantamos, bailamos e lemos en galego extractos das nosas historias favoritas de Carlos Casares.


Todos sentadiños no patio, iniciamos a festa cos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º tocando o himno galego coa frauta. Menudo cariño lle puxeron! 
                          

Logo, cada clase foi contando ou lendo acerca do homenaxeado deste ano. 

Preparando os instrumentos coa profe Nuria.

O alumnado de 1º B resumiu "O can Rin e o lobo Crispín" 

Dous alumnos de 1ºA en representación dos seus compañeiros contaron, ao seu xeito, as aventuras do libro "Lolo anda en bicicleta" 

Mateo de 2ºA lendo un extracto da Bomba da Felicidade.


Noara, Leire e Héctor de 2ºB leron o conto da Formiga Esquiadora.


A nosa compañeira Carlota acompañou ao grupo tradicional Manxadoira coa súa pandeireta.
Para rematar, cantamos ao son das gaitas o himno e bailamos e bailamos ata caer de cu.


                                             

sábado, 13 de mayo de 2017

O DÍA DE CARLOS CASARES

 
 O xoves foi un día ben completo... Primeiro, asistimos a unha animación sobre Carlos Casares co bardo Abelardo.
   Os rapaces e rapazas de 2º e 3º aprenderon sobre a vida deste autor e desmostraron canto sabían sobre os seus libros: As Laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a Galiña Azul, o can Rin e o lobo Crispín e as aventuras de Toribio. Todo isto amenizado cun acordeón! Que ben o pasaron todos!


Pero, isto non remataba aí... xa que baixamos ao Centro Social do Mar e asistimos á representación do libro sobre o noso animal favorito: A Galiña Azul.
 En escena atopamos a Ana, a nena que emigrou; a Leoncio, a Xabier, o neno loiro e traste; a Lorenzo, ao alcalde Manolito Listón, ao garda de tráfico e a veciña.









SEGUIMOS COAS NAVES

  No último post "Falando de naves" deixamos pendente a posta en marcha dun mural sobre a Nao Victoria
Decidimos poñer unha rede para ambientar o tema e facilitar colgar os traballos. 

















  Podedes coñecer un pouco máis sobre a historia a través destes vídeos: 

            


            


            

jueves, 11 de mayo de 2017

O BARDO ABELARDO

Hoxe, por cortesía do Consorcio Editorial Galego, veu visitarnos Servando Carreira (O bardo Abelardo
Primeiro nos contou a vida de Carlos Casares apoiándose nunha presentación, despois leunos a introdución do libro "A galiña azul" e, finalmente, sacou o seu acordeón e ensinounos unhas cancións divertidísimas acompañadas de xestos que nos puxeron a todos de pé, cantando e bailando. A da bicicleta encantounos!😄


 

 


 

martes, 9 de mayo de 2017

VII CORRELINGUA DO MORRAZO

Hoxe, o alumnado de 1º fomos ao CORRELINGUA: unha marcha a favor da Lingua Galega. Este ano celebrouse en Moaña e alí fomos, xunto cos compañeiros do cole e doutros coles. Xuntámonos alí case 3000 escolares!
Ao longo da marcha coreamos o lema deste ano: En galego sen cancelas, falan eles, falan elas! 
Vestímonos cunhas camisetas brancas decoradas cos adhesivos que fixemos na clase os días previos. Puxémonos tamén unhas chapas e unha gorra coa que nos agasallaron.



E así vestidos camiñamos, rimos, cantamos e bailamos ao compás da banda de Pablo Díaz co seu TicTacToc e sobre todo, reclamamos a nosa lingua: o galego!











 

miércoles, 3 de mayo de 2017

VALORES NA MÚSICA: "SÚBEME LA RADIO!"

    Con una animada canción empezaron os rapaces e rapazas de 2º o tema de Sociais relacionado cos medios de comunicación: SÚBEME LA RADIO pero descubrimos algo máis.


   De calquera canción pódense aprender actitudes positivas e negativas. Nesta concretamente, detectamos malos hábitos por parte do protagonista; tratamos de transformalos en boas costumes:

ACTITUDES NEGATIVAS                     2º DI OU PROPÓN ...
- Beber alcohol para afogar as penas  - Beber auga ou zumes                                                                          naturais e charlar con amigos.

- Durmir na porta dalguén                    - Durmir na casa de cada un.

- Sufrir por quen non nos quere          - Pensar que hai máis xente                                                                 que nos quere que xente que                                                                 non.

- Pasar as noites en vela                        - Ler ou ver a tele para                                                                       durmir ben e pasar un bo día.

- Deixar de facer cousas por estar         - Apuntarse a actividades 
triste.                                                     que nos gusten para coñecer
                                                               xente nova.


  Que vos parecen estas reflexións? 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...