Hoxe, o alumnado de 1º fomos ao CORRELINGUA: unha marcha a favor da Lingua Galega. Este ano celebrouse en Moaña e alí fomos, xunto cos compañeiros do cole e doutros coles. Xuntámonos alí case 3000 escolares!
Ao longo da marcha coreamos o lema deste ano: En galego sen cancelas, falan eles, falan elas!
Vestímonos cunhas camisetas brancas decoradas cos adhesivos que fixemos na clase os días previos. Puxémonos tamén unhas chapas e unha gorra coa que nos agasallaron.
E así vestidos camiñamos, rimos, cantamos e bailamos ao compás da banda de Pablo Díaz co seu TicTacToc e sobre todo, reclamamos a nosa lingua: o galego!
No hay comentarios:
Publicar un comentario