BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

martes, 17 de abril de 2012

CONTACONTOS

Inacio no biblocastelo da Pedra
Onte tivemos un contacontos a cargo do Consorcio Editorial Galego. Inacio, un chico de Lalín, contounos varias historias moi divertidas sobre burros. Tamén cantamos e bailamos algunhas cancións sobre burros e aprendemos moito sobre eses animais. 
Se premedes neste enlace, veredes algúns vídeos dese día.
Pasámolo moi ben, grazas Inacio!

jueves, 12 de abril de 2012

CONTACONTOS

O martes 10 de abril empezamos a recta final do curso: o último trimestre. Para comezar con moitas ganas, a editorial Anaya agasallounos cun contacontos a cargo de IAGO LÓPEZ. Contounos un conto no que mesturou: A PRINCESA SABELA e O SOUTO ESCURO E PERIGOSO. Gustounos tanto que case nin pestanexamos durante o contacontos, estabamos tan atentos... Iago meteunos dentro da historia e fíxonos participar e cando rematou quedamos con ganas de escoitar outro. Pero... outra vez será!  

domingo, 8 de abril de 2012

DESCUBRIR A POESÍA

GÚSTANOS A POESÍA
No corredor da biblioteca podedes ler as poesías que máis vos gustaron e que vós mesmos escribistes e decorastes. Non perdades a exposición.



CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA

CONTACONTOS CON ANTÓN LAMAPEREIRA
Na derradeira xornada antes das vacacións de Semana Santa os nenos do 1º ciclo tiveron a ocasión de gozar dun contacontos moi especial que nos deixou un bo sabor de boca para comezar as vacacións. Trátase do director da Revista Galega de Teatro, Antón Lamapereira. Aproveitando que o pasado martes foi o Día Internacional do teatro quixo achegarse aos máis cativos para facelos partícipes da súa expresividade e bo facer á hora de contar historias. Nesta ocasión agasallounos cos títulos: NADARÍN, ELMER E A QUE SABE A LÚA.
El é unha persoa entregada que vive intensamente este tipo de experiencias e está claro que os nenos tamén. Nós esperamos volver a contar con el pronto para seguir abrindo portas que nos acheguen ao mundo do teatro e a interpretación.
Un bico moi grande e grazas Antón.

miércoles, 14 de marzo de 2012

A PANTASMA DO PALCO

Onte fomos ver unha obra de teatro-musical ao auditorio de Novacaixagalicia de Pontevedra. A obra gustounos moito pola súa orixinalidade e rimos a gargalladas en moitas ocasións. Aquí tendes un vídeo para que vexades que obra tan divertida. Tamén podedes ver estas fotos.


Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Digital scrapbook made with Smilebox

jueves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora.


Coa fin de conmemorar este día, no cole fixemos uns traballos de investigación sobre mulleres que foron importantes ao longo da historia, xa que grazas a elas cambiou ou mellorou a vida dos demáis. Con estes traballos imos facer un mural no corredor do cole.


Aprendemos a vida de mulleres tan importantes como: María Montessori, Gloria Fuertes, Clara Campoamor, Shirine Badi, Dian Fossey, Ada Augusta Byron... Pronto teredes fotos de todos os traballos do ciclo.


Noraboa mulleres!

viernes, 2 de marzo de 2012

SALÓN DO LIBRO

Mañán, 4 de marzo, dará comezo o 12+1 Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra, adicado ás supersticións. Durará até o 31 de marzo e estará cargado de actividades variadas para os nenos e nenas como obradoiros, teatro, música, danza, exposicións, visitas de autores, contacontos... Será no Pazo da Cultura e, se queredes ver o programa, premede neste enlace. Recomendámolo!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...