Deixamos aquí a presentación que mostramos o martes día 22 de setembro na reunión de familias de 2º curso de primaria. Esperamos que chegue esta información a maioría de nais e pais. Un saúdo
E por fin chegou o último día do curso! Parece que hai pouquiño que comezamos pero xa pasou o tempo e traballamos tanto.... que xa nos merecemos un descanso!
Hoxe invitáronnos os compañeiros de 3ºA a ver dúas representacións teatrais: O ESPANTALLO AMIGO (a partir dun libro que leron ao longo do curso) e A ÚLTIMA CEA (representando o cadro de Leonardo da Vinci) Fixérono xenial!
Despois xogamos un ratiño no patio e merendamos todos xuntos na aula de 1º A compartindo cos compañeiros un montón de doces e lambetadas. Mmmm!
Finalmente, no patio dos maiores, asistimos á entrega de premios dos concursos celebrados ao longo do curso, entre eles o organizado polo Día das Letras Galegas: Que sabes de Xosé Filgueira Valverde? onde resultaron premiados: Álvaro, Lara e Paola de 1º e Miguel, Aitana e... de 2º
Finalmente todos volvimos ás aulas para despedirnos ata o ano e tamén da PROFE CARMEN, que despois de moitos anos de traballo, tócalle darse un descanso e gozar dunha vida máis tranquila.
Hoxe fomos de excursión. Foi a nosa última saída do curso e para os de 2º a última saída do ciclo, xa que despois do verán comezarán unha nova etapa escolar en 3º curso, cambiando de aulas e de profesoras.
Por iso, quixemos ir xuntos a visitar unha obra de arte natural do noso entorno: CABO UDRA, pero antes todos tiñamos unha tarefa pendente.
O alumnado de 1º foi visitar a CAPELA DOS SANTOS REIS, onde nos agardaba o profe ARTURO, quen nos fixo de guía e explicounos marabillosamente a orixe e valor artístico desta capela deseñada por URBANO LUGRÍS. Acompañábano 3 membros da asociación de amigos da Capela e tamén nos explicaron cousas interesantes. Ao rematar, debuxamos a capela nunha libretiña que nos deron as profes.
Namentres, o alumnado de 2º foi á CASA MUSEO DA MANGALLONA en Coiro, de Camilo Camaño Xestido, onde lles atenderon estupendamente.
Finalmente xuntámonos todos en Cabo Udra, pero como facía tantísima calor cambianos de plans e fomos á praia da Mourisca, onde merendamos e xogamos na area á sombra e preto da brisa mariña.
Pasamos unha mañá estupenda!
Ata pronto compañeiros, boa sorte na vosa nova etapa!
Hoxe o alumnado de 1º escenificou unha obra de arte: CÍRCULOS CONCÉNTRICOS de KANDINSKY. Este traballo foi o remate dun curso cheo de arte, e este foi o cadro no que nos baseamos para facer os obradoiros de Nadal, os disfraces de Entroido e o teatro de fin de curso.
Durante moito tempo preparamos esta obra de teatro, que foi unha idea orixinal da profe Geli e que pouco a pouco fomos construíndo entre todos.
Ao final, o resultado foi óptimo, o alumnado actuou de marabilla e gustou moito a todos os espectadores.
Agradecemos a colaboración das familias para facer posible este espectáculo e, en especial, do pai de Ana Mayo quen grabou e editou o vídeo e fotografiou algunhas esceas.
GRAZAS!
E aquí tendes as fotos:
Ao chegar ao cole, estábanos esperando unha exhibición de taekwondo na que participaba alumnado do noso colexio.
E aínda tivemos tempo de facer un KANDINSKY por equipos con plastilina.
Durante este trimestre, na materia de LINGUA CASTELÁ, lemos un libro chamado LA LISTA DE CUMPLEAÑOS de Anna Manso e ilustrado por Gabriel Salvadó.
Foi un libro divertido que nos encantou a todos e que levamos para as casas para lelo sempre que queiramos. O que nos quixo ensinar a autora a través desta pequena novela foi a facer LISTAS. Contounos que a súa lista preferida é a dos contos que leu de pequena e invitounos a escribir a nosa lista para poder engadir o seu libro. Seguro que o faremos!
Pero ademais, nós quixemos facer outra lista relacionada co noso proxecto LER ARTE, e o que fixemos foi escribir en cada aula de 1º unha lista coa nosa OBRADE ARTEpreferida.
Hoxe fomos ao Centro Social para ver unha representación teatral que nos ofreceu o Concello de Bueu chamada: O OGROCHO, de Suzanne Lebeau.
Trataba dun rapaz diferente aos demais e de como a súa forza de vontade conseguía superar os obstáculos que o separaban dos seus semellantes.
Os actores María Salgueiro e Lois Soaxe, da compañía "Teatro de ningures" estiveron fantásticos, e déronnos moitas ideas para facer mellor o noso papel na obra de teatro que representaremos o mércores.
Aínda que pasamos un chisquiño de medo, en xeral gustounos a obra e aprendemos moito.
O martes 2 de xuño, o alumnado de 1º e 2º fomos de excursión.
Pola mañá visitamos NATURNOVA, en Vigo. Alí fixemos unha visita interactiva por todas as salas onde aprendemos moitas cousas sobre as ciencias e despois fixemos un obradoiro artístico no que observamos detidamente distintas obras de arte de autores galegos (había unha de Lugrís!) e buscamos sentido a unha obra que coloreamos cada un imaxinando o que podía ser (un peixe, unha cebra, un porco, un grilo...)
Ao saír do museo fomos no bus ata o peirao de Arcade, onde hai unha carballeira cun merendeiro, onde tomamos o xantar, xogamos e descansamos un pouquiño. Despois de comer, deixáronnos xogar nun parque chulísimo e volvemos montar no bus para subir ao CASTELO DE SOUTOMAIOR.
Alí, atopámonos unha sorpresa: había un equipo de cine grabando escenas para unha película! Tivemos a ocasión de ver desde as galerías do castelo un anaco da grabación dunha loita de gladiadores romanos, foi espectacular!!! e logo visitamos o castelo, observando as salas, os recunchos, o mirador e... o calabozo!
Máis tarde, paseamos polos xardíns do castelo e vimos moitas árbores diferentes, ata había unha sequoia! Bebimos auga nunha fonte e partimos cara a Bueu cun pouquiño de retraso...