Durante este curso, en valores sociais e cívicos traballamos a publicidade. Intentamos comprender as características de elaboración e creación dos anuncios e tamén os obxectivos que perseguen para captar a atención dos consumidores. Resultou interesante! Tanto é así que nos convertimos en verdadeiros axentes publicitarios. Mirade o vídeo e comprobarédelo.
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
domingo, 12 de junio de 2016
UN PLANETARIO NO COLE!
O martes día 31 de maio levamos unha sorpresa incrible: había un PLANETARIO no cole!!!
Non é broma, a fundación A Caixa prestounos durante unha semana un planetario móbil. Dentro del puidemos ver unha película moi interesante sobre o espazo, onde explicaban cousas tan interesantes como o significado das constelacións do zodiaco, que hai estrelas xigantes ou por que a Semana Santa cambia de datas cada ano...
Ao rematar contamos todas as nosas impresións, que foron moitas e marchamos abraiados. Grazas profe Lina, foi unha actividade xenial!
Etiquetas:
BIBLIOCASTELO,
CIENCIA
miércoles, 25 de mayo de 2016
REUNIÖN DE FAMILIAS
REUNIÓN FAMILIAS FIN DE CURSO 2015_16
Deixamos aquí a presentación que mostramos o martes día 24 de maio na reunión de familias de 1º e 2º curso de primaria. Esperamos que chegue esta información a maioría de nais e pais. Un saúdo
Premade na imaxe.
Etiquetas:
REUNIÓN DE FAMILIAS
TEATRO
TEATRO MUSICAL NO CENTRO SOCIAL DO MAR
O luns día 23 o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria asistiron a un musical do conto que leran na clase de Manuel María "O bigote de Mimí"
O luns día 23 o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria asistiron a un musical do conto que leran na clase de Manuel María "O bigote de Mimí"
A representación correu a cargo de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto. A actuación estivo xenial e o alumnado participou activamente. Aquí queda unha foto da actuación.
domingo, 22 de mayo de 2016
APADRIÑAMENTOS
APADRIÑAMENTOS CURSO 2015-16
APADRIÑAMENTOS by Slidely Photo Gallery
Os nenos e nenas de infantil querían saber do conto que escribiu Manuel María "O BIGOTE DE MIMÍ" que o luns 23 de maio irémolo ver escenificado e cantado ao Centro Social de Mar de Bueu, polo que decidimos que os mellores CONTACONTOS para a ocasión eran os rapaces e rapazas de 1º e 2º curso.
Os nenos e nenas de infantil escoitaron con atención as aventuras do gato MIMÍ narradas polos seus compañeiros e compañeiras de primaria, así que a obra de teatro xa non os pillará de novas.
Foi unha xornada bonita e así quedou demostrado en fotos.
Os nenos e nenas de infantil escoitaron con atención as aventuras do gato MIMÍ narradas polos seus compañeiros e compañeiras de primaria, así que a obra de teatro xa non os pillará de novas.
Foi unha xornada bonita e así quedou demostrado en fotos.
APADRIÑAMENTOS by Slidely Photo Gallery
Etiquetas:
APADRIÑAMENTOS LECTORES
PHOTOCALL NA BIBLIOTECA
PHOTOCALL ESPACIAL
Fantástico traballo realizado por algunhas familias do centro, grandes colaboradoras da biblioteca escolar baixo a coordinación da mestra Lina. Crearon un Photocall que converte ao bibliocastelo nun estudo espacial e fai as delicias dos rapaces e rapazas cada vez que visitan o lugar. Aquí queda unha presentación coas caras de gozo do noso alumnado.

PHOTOCALL by Slidely Photo Gallery
lunes, 2 de mayo de 2016
QUEREMOS Á NOSA PRAZA!
O venres 15 de abril saímos do cole para visitar a nosa praza, a PRAZA DE ABASTOS DE BUEU, para participar no programa QUERE O TEU MERCADO.
Como chovía un chisquiño, fomos con paraugas, impermeables e botas de auga...
Na praza estábanos agardando Alicia, quen nos amosou posto por posto moitos peixes, mariscos, cefalópodos, moluscos... ensinounos a diferenciar o peixe branco do azul fixándonos na cola, abriu a boca dun peixe sapo que nos impresionou...
Visitamos tamén os postos de bacallau, panaderías... nas froiterías coñecimos a laranxa borracha, máis escura por dentro que as normais.
Nas carnicerías, comparamos a cabeza dunha vaca coa dun cordeiro e ensináronnos vísceras coma o corazón e o fígado.
En conxunto resultou unha visita moi interesante e productiva, pero o mellor foi a sorpresa que nos agardaba no primeiro andar, unha merendola con froitas, diferentes pans e bicas. Mmmmm! Acabamos con todo!!!
Ao volver ao colexio, fixemos un debuxo do noso mercado para participar no CERTAME DE DEBUXO "QUERE O TEU MERCADO" organizado pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia. Non podemos deixar de agradecer a Alicia e a todos os praceiros o amabeis que foron connosco e mesmo ás persoas de Bueu que estaban comprando naquel momento.
Moi cedo poderedes ver os nosos debuxos expostos na nosa praza, a mellor!
Moi cedo poderedes ver os nosos debuxos expostos na nosa praza, a mellor!
Etiquetas:
ALMORZOS SAUDABLES,
BUEU,
CONCURSOS,
SAÍDAS,
VISITAS
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)