BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 10 de junio de 2018

ALIMENTÁNDONOS NO GROVE!

E chegou o esperado día da excursión para o alumnado de 2º! 
O martes 5 de xuño chovía, pero aínda así decidimos ir ao Grove. Fixemos moitas actividades e volvemos ao cole xa pola tarde. Ao día seguinte, os nenos e nenas escribiron o que fixeran ese día. Podedes ver aquí o resultado:
"O cinco de xuño fomos á Illa da Toxa. Fomos a un mueso, despois a un acuario, vimos moitas especies de peixe, foi marabilloso. Despois fomos merendar a un catamarán. Puxéronnos música e bailamos moito. Logo fomos a un pavillón a comer. Xogamos á corda e Pablo, Elema e máis eu comemos xuntos. Pola tarde fomos a un tren, pasamos pola ponte da Toxa. Vimos burriños, tamén hoteis de luxo, fomos á igrexa de cunchas, preto a ela había unha tenda de xabóns. A continuación entramos e vimos moitísimos xabóns. Despois fomos ao autobús e marchamos. Foi un día estupendo e xenial."
Carla, 2º A.
"O día 5 de xuño na excursión de final de curso fomos a unha fábrica de peixes antiga onde había persoas traballando, logo fomos a un acuario e puidemos tocar as estrelas de mar. Despois, fomos a montar nun catamarán. Xogamos e tomamos mexillóns. Logo fomos a un pavillón a xogar e a comer. Tamén fomos a unha igrexa para relaxarnos un pouco, máis tarde fomos a un museo. Cando terminamos de velo xogamos á roda e ao pasemisí e ao final montamos nun tren. No tren vimos catro borriquiños, dous eran bebés dun ano e eran preciosos! Vimos moitos hoteis de ricos e parecían moi luxosos e para terminar pasamos por unha ponte moi longa e fermosa. Podíase ver o mar e a pequena illa da Toxa e na ponte pedimos un desexo."
Elena, 2º A.
E aquí o resumo gráfico dese día da man de André, Anxo e Natán de 2º B:


viernes, 1 de junio de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!

Hoxe tivemos unha visita no cole. Viñeron Luis e Mariña a falarnos sobre os peixes e as propiedades que nos aporta cada un deles. Vimos uns debuxos animados con superheroes que comían peixe. Asinamos un manifesto no que prometemos comer peixe e, agasalláronnos cunha revista, un conto, adhesivos e unha gorra. 
Aprendemos moito!





miércoles, 30 de mayo de 2018

Excursión fin de curso

O curso está rematando e os nenos e nenas de primeiro xa fomos a excursión de fin de curso; este ano tocou a Área da Natureza A Xesteira, no concello de A Lama; foi un día completo, fixemos múltiples actividades como podedes ver nas fotos, dende tirolina, escalada, espeleoloxía, manualidades, etc. A pena foi a choiva que apareceu despois da comida e obligounos a cambiar algún plan.
Pasámolo moi ben e xa estamos a pensar na do vindeiro ano.

viernes, 25 de mayo de 2018

UN LUGAR CHAMADO MUNDO

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º xunto aos compañeiros de Infantil fomos ao Centro Social para ver un teatro en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística por mor das Letras Galegas. Chamábase UN LUGAR CHAMADO MUNDO. E, aínda que tivemos moi mala sorte xa que o son non funcionaba moi ben, pasámolo xenial e cantamos as cancións da regueifeira Mariña e o piloto Nikolai. Grazas a VERVEDERAS TEATRO por achegarse ata Bueu a contarnos historias de Mª Victoria Moreno. Ata a próxima!
 

jueves, 24 de mayo de 2018

Receitas cooperativas

Xa estamos rematando o curso e o alumnado de 2º sabemos moitas cousas sobre os alimentos, pero faltábanos aprender a cociñar con eles. Para iso empezamos polo primeiro paso: escribir unha receita. E fixémolo na biblioteca. Eliximos unha receita duns libros moi apetitosos e a redactamos de forma cooperativa, coa estrutura do folio xiratorio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:





miércoles, 16 de mayo de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como mañá día das Letras Galegas é festivo, hoxe fixemos no cole un acto en honor á lingua galega e á autora homenaxeada este ano: Mª Victoria Moreno. 
O alumnado de 1º e 2º participamos no mural SOPA DAS LETRAS GALEGAS cunha estrofa do libro "Eu conto, ti cantas" e despois recitámola no acto conxunto cos compañeiros de primaria no que rematamos cantando "Galicia", de Manuel María e o "Himno galego" ante a alfombra que fixeron os maiores do cole.
 





domingo, 6 de mayo de 2018

CORRELINGUA 2018

O venres 4 celebramos en Bueu o CORRELINGUA do Morrazo. Nesta nova edición tocounos ser os anfitrións polo que nos puxemos moi elegantes coas nosas camisetas brancas decoradas con alimentos ou con utensilios de cociña, as nosas gorras, e unhas chapas e mochilas coas que nos agasallaron e que levan o lema: A LINGUA NON PARA.
Despois de xuntarnos coa rapazada dos outros coles do Morrazo, fixemos unha marcha arredor de Bueu e despois gozamos do concerto de Paco Nogueiras coa súa Radio Bulebule na praza Massó. Cantamos e bailamos un montón, iso sí, en galego!






LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...