BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 10 de junio de 2018

ALIMENTÁNDONOS NO GROVE!

E chegou o esperado día da excursión para o alumnado de 2º! 
O martes 5 de xuño chovía, pero aínda así decidimos ir ao Grove. Fixemos moitas actividades e volvemos ao cole xa pola tarde. Ao día seguinte, os nenos e nenas escribiron o que fixeran ese día. Podedes ver aquí o resultado:
"O cinco de xuño fomos á Illa da Toxa. Fomos a un mueso, despois a un acuario, vimos moitas especies de peixe, foi marabilloso. Despois fomos merendar a un catamarán. Puxéronnos música e bailamos moito. Logo fomos a un pavillón a comer. Xogamos á corda e Pablo, Elema e máis eu comemos xuntos. Pola tarde fomos a un tren, pasamos pola ponte da Toxa. Vimos burriños, tamén hoteis de luxo, fomos á igrexa de cunchas, preto a ela había unha tenda de xabóns. A continuación entramos e vimos moitísimos xabóns. Despois fomos ao autobús e marchamos. Foi un día estupendo e xenial."
Carla, 2º A.
"O día 5 de xuño na excursión de final de curso fomos a unha fábrica de peixes antiga onde había persoas traballando, logo fomos a un acuario e puidemos tocar as estrelas de mar. Despois, fomos a montar nun catamarán. Xogamos e tomamos mexillóns. Logo fomos a un pavillón a xogar e a comer. Tamén fomos a unha igrexa para relaxarnos un pouco, máis tarde fomos a un museo. Cando terminamos de velo xogamos á roda e ao pasemisí e ao final montamos nun tren. No tren vimos catro borriquiños, dous eran bebés dun ano e eran preciosos! Vimos moitos hoteis de ricos e parecían moi luxosos e para terminar pasamos por unha ponte moi longa e fermosa. Podíase ver o mar e a pequena illa da Toxa e na ponte pedimos un desexo."
Elena, 2º A.
E aquí o resumo gráfico dese día da man de André, Anxo e Natán de 2º B:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...