BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

viernes, 22 de junio de 2018

FIN DE CURSO

O día 20 de xuño, os nenos e nenas de segundo de primaria celebraron o remate dos dous primeiros cursos de primaria cun pequeno festival, no Centro Social do Mar de Bueu.
Un grupo de nenos e nenas  representou a obra  inspirada no libro de Chus Pereiro "Restaurante Farruco"Por  tratarse dunha peza rimada e disparatada os "artistas" interpretárona con moito ritmo e graza e souberon manter a atención do publico tan esixente que estaba na sala. 
Outro grupo de alumnos e alumnas  cantou, bailou e escenificou  con moito acerto un poema de Rosalía de Castro "Has de cantar..." 
Ambas actuacións, tiveron como punto de partida o proxecto anual do centro "Unha enchente de libros" que coa colaboración e achegas das familias puideronse levar a cabo.  
Para finalizar o festival, proxectaron un vídeo da visita que realizou, o día 5 de xuño,  todo o alumnado de segundo ao  Grove: acuario, paseo en barco pola ría de Arousa e  percorrido pola Illa da Toxa. Un día singular, agradable e pasado por auga.
Aquí, pódense visualizar uns vídeos para saborear e gozar o traballo dese día. Grazas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...