BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 17 de marzo de 2016

METEOESCOLAS

APRENDENDO METEOROLOXÍA NA ESCOLA 

Dentro do proxecto das METEOESCOLAS os nenos e nenas de 6º  explicáronlles, dun xeito moi didáctico, aos nenos e as nenas de 2º os elementos do tempo atmósferico e tamén os instrumentos que nos permiten observar e medir o tempo. Dende a escola "O TEMPO MADE IN BUEU" para o mundo enteiro.  Aquí vemos algunhas fotos e tamén un vídeo ilustrativo.






miércoles, 9 de marzo de 2016

SAÍDA PONTEVEDRA

O xoves 3 de marzo, o alumnado de 1º e 2º, saímos de excursión a Pontevedra. 
Primeiro fomos visitar o PAZO DE LOURIZÁN onde Agustín explicounos con moita paciencia a historia do magnífico Pazo e sobre todo o marabilloso xardín botánico que conserva.


Esta é a fonte dos espellos.

Esta palmeira chamounos a atención por ter as raíces dentro da fachada do Pazo.

Para facer esta mesa de pedra de 6 metros, trouxeron unha soa peza de granito da Illa de Ons. Aquí celebraba Montero Ríos reunións importantes, pois chegou a ser presidente do goberno.

Esta árbore é unha sequoia, chamounos a atención a súa corteza pois parece pelo e por iso chámanlle árbore mamut. Esa pel é ignífuga. Esta era unha cría, só tiña 80 anos.

Atravesamos pontes e charcas para poder chegar á cova da fervenza, entramos dentro dela pero non tivemos medo do ogro!



Nos xardíns do Pazo de Lourizán hai unha estación meteorolóxica, máis completa ca do noso cole, tiña barómetro, anemómetros e 3 pluviómetros!  A recollida deses datos é automática e chega a Meteogalicia diariamente.


Tomamos unha parva ao lado dun hórreo grandísimo que hai alí con vistas á ría de Pontevedra.


Despois montamos nos autobuses, que nos levaron a Pontevedra, ao auditorio de AFUNDACIÓN, para ver á compañía FANTOCHES BAJ co seu espectáculo de teatro-musical RODARIRRODARI. 
Ao finalizar volvimos a Bueu e chegamos á hora de marchar a comer. Foi un día estupendo!

LUADAS

Durante o mes de febreiro, as clases de 2º curso, observamos e estudamos a Lúa: lemos un libro de divulgación sobre ela, rexistramos a luada do mes de febreiro e elaboramos uns murais, en equipo, con todo o que aprendemos sobre o noso satélite.

Aquí unha alumna de segundo presenta o libro que lemos por equipos e expuxemos aos compañeiros e compañeiras.




Unha nena facendo o rexistro díario de luadas de febreiro.





Tamén aproveitamos para aprender refráns en relación co tempo metereolóxico e co mes de febreiro
"DÍA DA CANDELARIA"



Unha nena debuxando as fases da Lúa.


Unha mañá de ceo azul do mes de febreiro, o mércores 3, saímos ao patio a observar a Lúa en fase minguante.



Para rematar o estudo sobre a Lúa elaboramos un mural saboroso e divertido onde reflectimos moitas cousa que sabemos sobre a Lúa. Aquí quedan algunhas fotos.




lunes, 15 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

O 5 de febreiro, un día marabilloso de ceo azul, os nenos e nenas de 1º e 2º saímos a lucir os disfraces de Lúas e Estrelas polas rúas de Bueu. Como non podía ser menos, todo o alumnado de primaria e infantil enchemos a vila de cores espaciais. Na praza Massó, recibimos os aplausos agarimosos dos veciños e familias que estiveron escoitando as nosas cantigas. Aquí quedan algunhas fotos dos disfraces da comparsa "LÚAS ESTRELADAS"





Na praza os nenos e nenas de 1º cantaron un Rap e os de segundo cantaron o poema  da Lúa de Manuel María, nós atrevémonos a engadirlle unha estrofa. Aquí queda o poema.

miércoles, 3 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

 Este ano para conmemorar o día ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ  inspirámonos no libro "O HOMIÑO DE PAPEL" de Fernando Alonso.
Ao longo do mes de xaneiro,  todos os cursos recollemos boas noticias en diferentes medios de comunicación e creamos o mural que se pode ver no corredor do centro de primaria.


O día 29 de xaneiro todo o alumnado do colexio ás 12:30 da mañá reunímonos no centro de primaria e lemos unha selección de boas noticias. Aquí podemos ver aos alumnos de 2º A e B facendo a súa aportación.

Para finalizar todos xuntos bailamos a paz coa canción de MAMÁ CABRA "Baile da paz" aquí queda o vídeo coaa canción  para que o nunca deixemos de bailar a PAZ.



martes, 29 de diciembre de 2015

OBRADOIROS DO NADAL

Para despedir o trimestre e comezar con sabor doce as vacacións de Nadal o día 18 na escola participamos moi activamente en catro obradoiros: plástico, musical, decorativo e plurilingüe. Tamén nos visitaron os Reis Magos e déronnos lambetadas, nós para que marchasen contentos agasallámolos cunha panxoliña "A árbore de Papá Noel". Rematamos a intensa xornada saboreando doces do Nadal. Gozade do vídeo.

VISITA AO MUSEO MASSÓ

O 17 de decembro visitamos o museo Massó para descubrir, coñecer e experimentar o museo empregando os diferentes sentidos.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...