O venres 6 de outubro chegaron ás nosas aulas unha caixa con moitos froitos cedidos pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Probamos todas elas e aprendemos os seus nomes. A que máis nos sorprendeu foi a feixoa, estaba boísima! e as nosas preferidas foron as castañas. Probamos tamén caqui, pera, noces, abelás e uns pequenos froitos vermellos con moitas pebidas chamados guayabos fresa.
BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
lunes, 9 de octubre de 2017
PRIMEIRA SEMANA, PRIMEIRA SAÍDA!
Xa estamos no curso 2017-2018 e, xa para comezar, o segundo día de clase fomos de saída!!! Aproveitando que o curso pasado traballamos o CINE, invitáronnos os organizadores do festival de curtas FIC de Bueu a ver unha serie de curtametraxes coas que nos divertimos moito e aprendemos máis!
Ademais, puidemos admirar a decoración do Centro Social, feita por Marc Taeger (pai dunha nena de 2º) e ao final fixémonos unhas fotos acompañados de Charlot.
Premede aquí para ver o Facebook do festival: IMAXES
Ao chegar ao cole, quixemos imitar o cartel do Festival. Nas imaxes podedes ver como nos saiu...
viernes, 30 de junio de 2017
UN REMATE DE CINE!!
Rematamos o cole!!! Vivan as vacacións!!! Neste último día pasámolo xenial: rematamos algúns traballiños, asistimos a uns premios, bailamos, vimos unha peli e fixemos unha boa merenda. Tivemos a visita dos rapaces de 1ºA que viñeron á nosa clase para lernos unha obra de teatro. Estiveron fenomenais!
domingo, 25 de junio de 2017
CHUVIA, CHOIVA, CHUVA
O alumnado de primeiro gustoulle moito aprender as 100 maneiras de chamar a CHUVIA en Galicia e o demostraron gravando un vídeo. Aquí o podedes ver!!!
Etiquetas:
METEOESCOLAS,
Proxecto meteoescolas
viernes, 16 de junio de 2017
BRINCANDO CON PACO NOGUEIRAS
Hoxe fomos 1º e 2º ao cole de Infantil, que recordos! Invitáronnos os nosos compañeiros ao concerto de Paco Nogueiras, que veu compartir con nós o seu BRINCA VAI! Ao chegar ao patio atopámonos cun patio moi ben decorado con carituras do cantante.
E enseguida comezou o concerto. Divertímonos moito con Paco e cos compañeiros de Infantil.
Premede esta imaxe e atoparedes un vídeo sobre ese día!
Etiquetas:
BIBLIOCASTELO,
CONCERTO,
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
domingo, 11 de junio de 2017
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Os nenos e nenas de 1º fixemos case o mesmo percorrido que os de 2º nun horario diferente.
Ás 10 da mañá fomos
ao museo, ao Sexto edificio, como somos tantos separáronnos en dous
grupos, 1ºA fomos con Luís e 1º B con Paula.
A visita polas diferentes salas resultou moi interesante, vimos pintura,
escultura, mobles, xoias… Encantounos a historia do tesouro de Caldas de Reis (achado moi importante que se conserva no museo), a “lectura” do
escudo que había no sepulcro de Suero Gómez de Sotomayor, os mobles tan
decorados, os cadros de paisaxes, os retratos, as miniaturas e tamén cando
todos nos convertemos nunha escultura de museo.
Para rematar a visita agasalláronnos cun libro: “Os
BOLECHAS coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra”. Estivo xenial!
Ao redor das
11h. fóra xa do museo, merendamos para comezar con forza o percorrido
polas rúas e prazas máis antigas de Pontevedra acompañados do guía Roberto que
sabe contar as cousas da cidade dun xeito especial.
Preto da unha do serán, montamos no autobús e fomos
para o Parque dos Sentidos en Marín. Mentres esperamos polos compañeiros de
segundo, xogamos, mollámonos e descansamos. Logo todos xuntos comemos sentados
no escenario do auditorio. Sen sequera rematar, recollemos axiña e fomos
desgastar enerxía tirándonos polo gran tobogán que hai no parque. Todos o
estabamos desexando!
A parte máis sosegada da xornada chegou coa sesión de
cine en Seixo coa película “Richard, la cigüeña” e a visita a sala de máquinas
de proxección.
Foi un día de escola para lembrar!
Etiquetas:
CINE,
EXCURSIÓN,
PONTEVEDRA,
SAÍDAS
jueves, 8 de junio de 2017
UNHA EXCURSIÓN INOLVIDABLE!!!
O martes 6 de xuño deixamos soíño o cole de A Pedra. Por que? Marchamos de excursión!!!
10:00 Iniciamos o día cun roteiro polo casco vello de Pontevedra. Roberto, o noso guía, explicounos cousas curiosas sobre edificios e prazas. Queredes saber alguna?
11:10 Chegamos ata o Museo do 6º, chamado así porque o Museo de Pontevedra está composto de 6 edificios e ese, foi a última parte en construirse. Que fixemos? Un xogo de pistas. Estivemos buscando o sepulcro de Suero, una mesa antiga, o cadro dunha nena con xoguetes, paisaxes marabillosas e a estatua dun home chamado Lázaro. Por un momento nós tamén quedamos de pedra!
Antes de rematar a visita, ensináronnos o violín de MANUEL QUIROGA. Que ilusión!
12: 45 Saímos correndo e SORPRESA!!! Entramos no Estadio de Pasarón.
14: 00 Hora de comer, chegamos ao Parque de Briz en Marín.
15h40: Hai que marchar. Si. Outra vez a correr. Baño. Mochila. Autobús. Cine.
Etiquetas:
CINE,
CONVIVENCIA,
EXCURSIÓN,
PONTEVEDRA
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










































