BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN

Hoxe, 31 de outubro celebramos no colexio o Samaín. As familias colaboraron decorando unhas cabazas coa temática dos Dereitos Humanos e, aínda que parecía complicado, tiveron unhas ideas estupendas polo que quedou unha exposición chulísima.
Nas clases preparamos uns traballos para formar parte do mural colectivo do Samaín que está á entrada do colexio co lema: "Temos dereito ao Samaín". O alumnado de 1º decoramos letras e unha cabaza coa palabra SORRIR e o de segundo coas palabra FALAR. Mirade este ENLACE.
Ademais decoramos as aulas e corredores con debuxos monstrosos, incluso fixemos uns morcegos coas nosas mans!
Quedou moi chulo!

viernes, 26 de octubre de 2018

ROTEIRO DOS DEREITOS HUMANOS

O pasado sábado 29 de setembro, moita rapazada de Bueu reunímonos na Banda do Río para conmemorar o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos participando nun concurso de debuxo. Ao día seguinte os xornais facíanse eco da NOTICIA.

Hoxe, todo o alumnado de 1º e 2º, fixemos un roteiro polos lugares emblemáticos de Bueu onde puidemos atopar moitos dos nosos debuxos. Visitamos as exposicións que estaban no noso cole, no salón de plenos do Concello, na sala Amalia Domínguez Búa, na praza de Abastos, no Centro Social e no Museo Massó. 
E como descubrimos que todos temos dereito á alimentación e ao xogo en liberdade decidimos celebralo xogando e merendando na praza Massó. Foi un día estupendo!
 

domingo, 14 de octubre de 2018

Decorando Meteoescolas

O alumnado de 1º quixemos colaborar na decoración dos novos espazos da Biblioteca participando no recuncho de Meteoescolas. O noso traballo consistiu en colorear un Papirus moi grande e tamén en colorear uns carteliños cos nomes dos meses e das estacións do ano. Aproveitamos a ocasión para aprendelas e saber máis cousas sobre o tempo.


domingo, 16 de septiembre de 2018

INICIO DUN NOVO CURSO

Empezamos un novo curso coas mochilas cargadas de ilusión e novos proxectos. Para recibir ao novo alumnado de 1º fixemos unhas teas de araña e uns autorretratos para que nos coñeazades mellor. O mércores tivemos uns obradoiros sobre Dereitos Humanos e o venres fomos ao Centro Social ao FIC de Bueu. Foi unha semana moi completa!

martes, 26 de junio de 2018

VISITA DO ALCALDE FÉLIX JUNCAL

O último día de cole, tivemos unha visita moi especial. Veu o noso alcalde Félix Juncal, acompañado de Tere López, a concelleira de educación e Tensi, a responsable de comunicación e prensa do Concello de Bueu. Explicáronnos cal é o seu traballo e as súas funcións e despois fixéronnos entrega da investigación que fixemos cada un de nós sobre a nosa vila, todos eles asinados por Félix! Fíxonos moitísima ilusión recibir unhas persoas tan importantes.
Enlace á páxina do Concello.

Despois da visita tivemos unha exhibición de taekwondo na que participaron compañeiros nosos como María P, Aroa, María O, Martín S, Carmen, Kike, Nicolás...

 

Finalmente, realizouse a entrega de premios do concurso "Que sabes de... Mª Victoria Moreno?" no que resultaron premiados: Raúl e Daniel de 1ºA, Aylem e Dylan de 1ºB, Pablo Estévez e Martín Sánchez de 2ºA, Iván Ríos e Pablo Santaclara de 2ºB. Levaron un agasallo precioso, noraboa!




Para rematar celebramos unha merendola no patio onde compartimos os produtos cos compañeiros e despedimos ao alumnado de 2º aos que lles desexamos un feliz verán!

lunes, 25 de junio de 2018

E CHEGOU O ÚLTIMO DÍA

E por fin chegou o último día de clase, tiñamos unha sensación rara; por un lado estabamos contentos porque nos esperan moitos días de vacacións, praia, piscina, parque... pero tamén nos da pena separarnos dos nosos compañeiros  e compañeiras e das nosas profesoras e profesores.

Agora toca descansar e pasalo moi ben. FELIZ VERÁN A TODAS AS FAMILIAS DE A PEDRA.




O RICO XEADO

O mércores o rematar a impresionante actuación dos nosos compañeiros de segundo, fomos a tomar un xeado porque estabamos asfixiados co calor que facía. Despois fomos un pouquiño ao parque pero pegaba tanto o sol que pronto tivemos que subir para o cole.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...