BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

domingo, 9 de octubre de 2016

QUE VIVA A MÚSICA TRADICIONAL!

    O 4 de outubro recibimos no cole a asociación de música tradicional Retrouso coa que nos divertimos todos moito. Ensináronnos diferentes tipos de instrumentos como a gaita e as súas partes, a pandeireta e as coñecidas botellas de anis e cunchas de vieiras. Grazas a moitos obxectos cotiáns, podemos facer música. Que se cos ocorre? Bueno, pensade un pouquiño e xa nos contaredes no cole. Mentres tanto, escoitade a arte destas rapazas con músicos voluntarios de 1º, 2º e 3º. Un gustazo!!!



             









UN COMEZO DE PELÍCULA!

   Xa hai practicamente un mes que os máis pequenos de primaria comezaron no cole dos maiores. Emocionados e un pouco inquedos na entrada, as titoras e especialistas démoslles a benvida ás aulas.
Nestas primeiras semanas, xa foron mostrando o talento que teñen para posar e crear...

                            







 



domingo, 11 de septiembre de 2016

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 1º CURSO DE PRIMARIA 2016-17

O venres día 9 de setembro tivemos no centro una reunión informativa coas familias dos nenos e nennas que empezan este curso primeiro de primaria. Aquí a queda presentación que proxectamos na xuntanza, para que lle serva de orientación aos pais e nais que non poideron asistir. Grazas!!!

domingo, 19 de junio de 2016

FUNCIÓN DE FIN DE CURSO DE 2º

Aínda que pareza incrible, xa estamos rematando o curso! e o alumnado de 2º quixo compartir coas súas familias e cos compañeiros de 1º e 3º un día especial no Centro Social do Mar de Bueu, onde representaron a obra teatral A NUBIÑA PASCUAL (adaptación de Inmaculada Díaz), bailaron a CANCIÓN DOS PLANETAS de Enrique e Ana, e compartiron xuntos o visionado dun vídeo sobre a excursión Á Xesteira chamado NA ESCOLA... NATURALMENTE! (publicado na entrada anterior EXCURSIÓN FIN DE CURSO)
Observade que ben o fixeron estes rapaces e rapazas!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O día 7 de xuño saímos de excursión todo o alumnado de 1º e 2º a área da natureza de A XESTEIRA no concello da Lama. O día estivo espléndido e compartimos unha xornada escolar  ao aire libre de xogos, actividades e comida. Foi divertido! Aquí queda unha mostra.

domingo, 12 de junio de 2016

AXENCIA PUBLICITARIA

Durante este curso, en valores sociais e cívicos traballamos a publicidade. Intentamos comprender as características de elaboración e  creación dos anuncios e tamén  os obxectivos que perseguen para captar a atención dos consumidores. Resultou interesante! Tanto é así que nos convertimos en verdadeiros axentes publicitarios. Mirade o vídeo e comprobarédelo.

UN PLANETARIO NO COLE!


O martes día 31 de maio  levamos unha sorpresa incrible: había un PLANETARIO no cole!!!
Non é broma, a fundación A Caixa prestounos durante unha semana un planetario móbil. Dentro del puidemos ver unha película moi interesante sobre o espazo, onde explicaban cousas tan interesantes como o significado das constelacións do zodiaco, que hai estrelas xigantes ou por que a Semana Santa cambia de datas cada ano...
Ao rematar contamos todas as nosas impresións, que foron moitas e marchamos abraiados. Grazas profe Lina, foi unha actividade xenial!
Se queredes saber máis, premede AQUÍ

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...