BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU
lunes, 25 de junio de 2018
Ruta polos muíños
O último luns de clase, Martín levounos a coñecer uns muíños que temos moi cerca do cole; é unha ruta preciosa e moi fácil de facer. Puidemos ver como entraba a auga nos muiños polas canles, como se movían as pedras para moer o gran, etc. Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben. Moitas grazas Martín, ten por seguro que o próximo curso queremos volver.
viernes, 22 de junio de 2018
FIN DE CURSO
O día 20 de xuño, os nenos e nenas de segundo de primaria celebraron o remate dos dous primeiros cursos de primaria cun pequeno festival, no Centro Social do Mar de Bueu.
Un grupo de nenos e nenas representou a obra inspirada no libro de Chus Pereiro "Restaurante Farruco". Por tratarse dunha peza rimada e disparatada os "artistas" interpretárona con moito ritmo e graza e souberon manter a atención do publico tan esixente que estaba na sala.
Outro grupo de alumnos e alumnas cantou, bailou e escenificou con moito acerto un poema de Rosalía de Castro "Has de cantar..."
Ambas actuacións, tiveron como punto de partida o proxecto anual do centro "Unha enchente de libros" que coa colaboración e achegas das familias puideronse levar a cabo.
Para finalizar o festival, proxectaron un vídeo da visita que realizou, o día 5 de xuño, todo o alumnado de segundo ao Grove: acuario, paseo en barco pola ría de Arousa e percorrido pola Illa da Toxa. Un día singular, agradable e pasado por auga.
Aquí, pódense visualizar uns vídeos para saborear e gozar o traballo dese día. Grazas!
Etiquetas:
FIN DE CURSO: ALIMENTACIÓN
lunes, 18 de junio de 2018
CHOCOLATEANDO!
Hoxe, antes de ir ensaiar ao Centro Social, fomos tomar chocolate con churros a Delicious.
Alí atendéronnos estupendamente e pasamos un rato moi agradable. Tivemos que poñernos á sombra porque ía moita calor pero o chocolate estaba... delicioso!!!
Moitas grazas Sabela!
Etiquetas:
ALIMENTOS,
BUEU,
UNHA ENCHENTE DE LIBROS
domingo, 17 de junio de 2018
POR QUE SE CHAMA ARCO DA VELLA?
Estes días estamos rematando o curso e polo tanto, xa estamos preparando a portada da carpeta das fichas do 3º trimestre. Nesta ocasión quixemos adicala ás nosas METEOESCOLAS.
O alumnado de 2º tiñamos unha dúbida: POR QUE SE CHAMA ARCO DA VELLA? E despois de investigar descubrimos que hai dúas teorías; unha divina e outra popular.
Unha vez que o adiviñamos fixemos un arco da vella con plastilina de cores e pegamos as dúas teorías nas nubes. Foi un traballo moi divertido e quedaron unhas portadas moi coloridas!
jueves, 14 de junio de 2018
Apadriñando lecturas: FESTA NO FAIADO
Hoxe o alumnado e as profes de 2º tivemos unha visita moi especial. Veu o alumnado de 6º de Infantil para coñecer as aulas e ás profes que lles van dar clase o próximo curso e ver como se traballa nunha clase de primaria.
E para que vexan canto sabemos e o ben que facemos as cousas en Primaria, contámoslle o conto que estivemos traballando neste trimestre: A FESTA NO FAIADO, de Mª Victoria Moreno. Algúns de nós fixemos debuxos da portada do libro e despois agasallamos aos peques con elas. Quedaron encantados e nós sentímonos super-importantes!
Etiquetas:
APADRIÑAMENTOS LECTORES,
VISITAS
domingo, 10 de junio de 2018
ALIMENTÁNDONOS NO GROVE!
E chegou o esperado día da excursión para o alumnado de 2º!
O martes 5 de xuño chovía, pero aínda así decidimos ir ao Grove. Fixemos moitas actividades e volvemos ao cole xa pola tarde. Ao día seguinte, os nenos e nenas escribiron o que fixeran ese día. Podedes ver aquí o resultado:
"O cinco de xuño fomos á Illa da Toxa. Fomos a un mueso, despois a un acuario, vimos moitas especies de peixe, foi marabilloso. Despois fomos merendar a un catamarán. Puxéronnos música e bailamos moito. Logo fomos a un pavillón a comer. Xogamos á corda e Pablo, Elema e máis eu comemos xuntos. Pola tarde fomos a un tren, pasamos pola ponte da Toxa. Vimos burriños, tamén hoteis de luxo, fomos á igrexa de cunchas, preto a ela había unha tenda de xabóns. A continuación entramos e vimos moitísimos xabóns. Despois fomos ao autobús e marchamos. Foi un día estupendo e xenial."
Carla, 2º A.
Carla, 2º A.
"O día 5 de xuño na excursión de final de curso fomos a unha fábrica de peixes antiga onde había persoas traballando, logo fomos a un acuario e puidemos tocar as estrelas de mar. Despois, fomos a montar nun catamarán. Xogamos e tomamos mexillóns. Logo fomos a un pavillón a xogar e a comer. Tamén fomos a unha igrexa para relaxarnos un pouco, máis tarde fomos a un museo. Cando terminamos de velo xogamos á roda e ao pasemisí e ao final montamos nun tren. No tren vimos catro borriquiños, dous eran bebés dun ano e eran preciosos! Vimos moitos hoteis de ricos e parecían moi luxosos e para terminar pasamos por unha ponte moi longa e fermosa. Podíase ver o mar e a pequena illa da Toxa e na ponte pedimos un desexo."
Elena, 2º A.
Elena, 2º A.
E aquí o resumo gráfico dese día da man de André, Anxo e Natán de 2º B:
Etiquetas:
BARCOS,
EXCURSIÓN,
FIN DE CURSO,
UNHA ENCHENTE DE LIBROS
viernes, 1 de junio de 2018
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!
Hoxe tivemos unha visita no cole. Viñeron Luis e Mariña a falarnos sobre os peixes e as propiedades que nos aporta cada un deles. Vimos uns debuxos animados con superheroes que comían peixe. Asinamos un manifesto no que prometemos comer peixe e, agasalláronnos cunha revista, un conto, adhesivos e unha gorra.
Aprendemos moito!
Etiquetas:
UNHA ENCHENTE DE LIBROS,
VISITAS
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


















