BLOG DE 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

BLOG DO 1º E 2º CURSOS DO CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU

jueves, 28 de abril de 2016

METEO-TEATRO!

No noso libro de lingua galega aparecía unha obra de teatro relacionada coa meteoroloxía chamada NUBIÑA PASCUAL, e, como somos uns apaixoados das dúas cousas, decidimos probar a representala na aula de teatro. Foi coma un ensaio xeral pero, quen sabe, como nos saiu tan ben quizais vos preparemos algunha sorpresiña...


viernes, 8 de abril de 2016

TEATRO EN INGLÉS

O martes 5 de abril, fomos ao Centro Social do Mar para ver un teatro en inglés a cargo da compañía Interacting. A obra chamábase "AROUND THE WORLD IN 80 MINUTES". Os actores sacaban a moitos voluntarios ao escenario para representar diferentes personaxes polo que aprendemos moito e pasámolo xenial.
Aí van algunhas imaxes da representación.



METEO-REFRÁNS

Antes das vacacións de Semana Santa, fixemos unha investigación de refráns galegos relacionados coa meteoroloxía. Atopamos moitos diferentes! Despois con eles, decoramos a portada da carpeta cos traballos da 2ª avaliación que levamos ás nosas casas.

En abril augas mil.

A lúa de outubro sete
meses cubre e se chove, nove.

Marzo ventoso e abril chuvioso
fan a maio florido e fermoso.

Marzo marzolo trebón na gaiola.

Abril un bo entre mil.

Despois do mal tempo
nebliña ata o bo tempo camiña.

Febreiro coas súas febres
cos seus días vinte e oito
máis de catro non quedarían
nin can nin gato.

Ata o corenta de maio
Non quites o saio

A semana de Ramos lava os teus panos
que na da Pasión choverá ou fará sol.

Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes.

Se marzo maiea, maio marcea.
O sol de marzo queima a dama no pazo.

Cando chove e vai sol sae o arco do señor.

Ovelliñas no ceo charquiños no chan.

En abril augas mil
que durmas en paz e en liberdade.

Norte no mollado

chuvia de contado.




jueves, 17 de marzo de 2016

METEOESCOLAS

APRENDENDO METEOROLOXÍA NA ESCOLA 

Dentro do proxecto das METEOESCOLAS os nenos e nenas de 6º  explicáronlles, dun xeito moi didáctico, aos nenos e as nenas de 2º os elementos do tempo atmósferico e tamén os instrumentos que nos permiten observar e medir o tempo. Dende a escola "O TEMPO MADE IN BUEU" para o mundo enteiro.  Aquí vemos algunhas fotos e tamén un vídeo ilustrativo.






miércoles, 9 de marzo de 2016

SAÍDA PONTEVEDRA

O xoves 3 de marzo, o alumnado de 1º e 2º, saímos de excursión a Pontevedra. 
Primeiro fomos visitar o PAZO DE LOURIZÁN onde Agustín explicounos con moita paciencia a historia do magnífico Pazo e sobre todo o marabilloso xardín botánico que conserva.


Esta é a fonte dos espellos.

Esta palmeira chamounos a atención por ter as raíces dentro da fachada do Pazo.

Para facer esta mesa de pedra de 6 metros, trouxeron unha soa peza de granito da Illa de Ons. Aquí celebraba Montero Ríos reunións importantes, pois chegou a ser presidente do goberno.

Esta árbore é unha sequoia, chamounos a atención a súa corteza pois parece pelo e por iso chámanlle árbore mamut. Esa pel é ignífuga. Esta era unha cría, só tiña 80 anos.

Atravesamos pontes e charcas para poder chegar á cova da fervenza, entramos dentro dela pero non tivemos medo do ogro!



Nos xardíns do Pazo de Lourizán hai unha estación meteorolóxica, máis completa ca do noso cole, tiña barómetro, anemómetros e 3 pluviómetros!  A recollida deses datos é automática e chega a Meteogalicia diariamente.


Tomamos unha parva ao lado dun hórreo grandísimo que hai alí con vistas á ría de Pontevedra.


Despois montamos nos autobuses, que nos levaron a Pontevedra, ao auditorio de AFUNDACIÓN, para ver á compañía FANTOCHES BAJ co seu espectáculo de teatro-musical RODARIRRODARI. 
Ao finalizar volvimos a Bueu e chegamos á hora de marchar a comer. Foi un día estupendo!

LUADAS

Durante o mes de febreiro, as clases de 2º curso, observamos e estudamos a Lúa: lemos un libro de divulgación sobre ela, rexistramos a luada do mes de febreiro e elaboramos uns murais, en equipo, con todo o que aprendemos sobre o noso satélite.

Aquí unha alumna de segundo presenta o libro que lemos por equipos e expuxemos aos compañeiros e compañeiras.




Unha nena facendo o rexistro díario de luadas de febreiro.





Tamén aproveitamos para aprender refráns en relación co tempo metereolóxico e co mes de febreiro
"DÍA DA CANDELARIA"



Unha nena debuxando as fases da Lúa.


Unha mañá de ceo azul do mes de febreiro, o mércores 3, saímos ao patio a observar a Lúa en fase minguante.



Para rematar o estudo sobre a Lúa elaboramos un mural saboroso e divertido onde reflectimos moitas cousa que sabemos sobre a Lúa. Aquí quedan algunhas fotos.




lunes, 15 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

O 5 de febreiro, un día marabilloso de ceo azul, os nenos e nenas de 1º e 2º saímos a lucir os disfraces de Lúas e Estrelas polas rúas de Bueu. Como non podía ser menos, todo o alumnado de primaria e infantil enchemos a vila de cores espaciais. Na praza Massó, recibimos os aplausos agarimosos dos veciños e familias que estiveron escoitando as nosas cantigas. Aquí quedan algunhas fotos dos disfraces da comparsa "LÚAS ESTRELADAS"





Na praza os nenos e nenas de 1º cantaron un Rap e os de segundo cantaron o poema  da Lúa de Manuel María, nós atrevémonos a engadirlle unha estrofa. Aquí queda o poema.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...