Esta semana no Bibliocastelo fixemos unha actividade relacionada co Día da Paz e cos contos clásicos. Consistiu en escribir nunha man o que fan mal os protagonistas dos contos e noutra man como podemos mellorar iso. Case todos eliximos o conto de Pinocho, xa que vai ser o noso disfraz de Entroido. Se ides polo corredor do Bibliocastelo poderedes ver un mural con todas as mans que fixemos. Botade unha ollada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario