O venres 8 celebramos o Entroido vestidos cos nosos disfraces de conto e desfilando no pasarrúas por Bueu. Levamos unha gran sorpresa ao atopar ao Capitán Garfio e o crocodilo!!! Ao chegar á praza do Concello cantamos a nosa cantiga e á volta ao cole volvémola interpretar no patio. Aínda que quedamos esgotados pasámolo xenial e como tiñamos tanta fame comemos as orellas, filloas, chulas... que trouxemos da casa. Humm, que ricas estaban! Grazas a todas as familias pola vosa colaboración. Pagou a pena!
a profe Rosa é a que mellor lle queda o disfraz de Gepetto. A profe Geli estarialle mellor de Pepiño Grilo que por certo ¿onde andaba? e a Profe Marta estaria ben que foxe de Fada Madriña. Bicos
ResponderEliminar