Esta semana xa empezamos co Entroido. Cada día tiñamos que vir vestidos dun xeito:
- O luns pispireto, píntome o careto.
- O martes atrevido, gorro divertido.
- O mércores saboroso, algo no pescozo.
- O xoves do revés, trae algo nos pés.
- O venres alegre e festivo, disfrázome e desfilo.
Mirade que guapos vamos e que ben o pasamos!!!
moitas gracias por contar conmigo para votaros unha man, foi un día maravilloso, encantoume coñeceros un pouquiño máis. Feliz entroido. bicos ara .
ResponderEliminarGrazas a vós por axudarnos. Pensamos que é moi importante para a educación dos vosos fillos e fillas saber que as súas familias e o profesorado van polo mesmo camiño. Por iso a vosa colaboración é imprescindible. Saúdos, as profes.
Eliminar