O venres 28 de outubro os nenos e nenas de 1º saímos da escola para facer un roteiro pola beira do río Bispo en Bueu. Para entender mellor o proxecto dos COGOMELOS que estamos a facer aproveitamos o paseo para observar, gozar e vivir de preto as cores, as plantas, os regatos, as árbores e os froitos da estación do outono.
Tivemos de guía unha persoa especial que sabe e coñece moito a contorna de Bueu, o mestre Arturo. MOITAS GRAZAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario